Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 22 de noviembre de 2012

AUSTERIDADE ¿?

A tan famosa palabra "inventada" polos gobernantes do PP pòdese usar na noticia que tratamos neste artigo.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do mèrcores 21 de novembro na súa páxina 14 publicouse o Orzamento 2012 para a Mancomunidade de Municipios Ribeira Sacra, da que como ben sabedes o noso Concello de A Peroxa forma parte.

Pois ben, os datos son IMPACTANTES ¡¡¡¡ 

Conta cun orzamento total de 47.100 euros, dos cales gastanse 39.000 en persoal e 8.100 en gastos de mantemento e servizos.

GASTOS PARA INVERSIÓNS REAIS..........0 €

Este è outro exemplo de "organismo" de amigos do PP para colocar os seus amigos e gastar os cartos dos impostos dos veciños e das veciñas.

LAMENTABLE ¡¡¡¡¡

Na seguinte imaxe a información exposta:


No hay comentarios:

Publicar un comentario