Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 16 de noviembre de 2012

DOCUMENTO DE INTERÉS

Sempre se falou da existencia dos "argumentarios" que cada partido político remitía a diario os "seus" para as declaracións que se debían facer sobre os temas de actualidade.

Case sempre negaron a súa existencia.

Pois ben, existir existen e neste caso mostramos o que o Partido Popular facilitou para o día da Folga Xeral, con argumentos fora de lugar e sempre culpando a outros da súa incompetencia, falseando datos para emitir algúns que nin eles mesmos se creen como os que fan referencia a reforma laboral.

Mediante este "panfleto" todos os membros do PP predican coma loros un discurso imposto sobre un tema concreto, ainda que en moitos casos non sepan nin coñezan do que falan.

Non deixan así unha libre expresión ou opiniòn os seus membros....non vaia ser que "metan a zoca" ¡¡


Ningún membro da nosa Agrupación Socialista neste Concello recibiu nin recibe habitualmente estes argumentarios para PREDICAR sobre un determinado tema, ainda que sexa como do caso do PP, onde en moitos casos vai en contra da opinión que cada un particularmente poida ter sobre un determinado asunto.

Nos consideràmonos libres de opinar o que nos apeteza en cada lugar e en cada momento, eso sí, sempre dentro do respeto e da coherencia coas ideas que representamos e defendemos, e sentímonos orgullosos de que así sexa.

LEMBRADE........NON TODOS SOMOS IGUAIS ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario