Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Incidencia grave nas votacións do 21 de outubro de 2012

Rematado xa o proceso electoral das pasadas eleccións autonómicas 2012 que se celebraron o domingo 21 de outubro e unha vez coñecidos os resultados definitivos tras analizar tòdalas anomalías producidas queremos resaltar un FEITO que aconteceu no noso concello.

Na mesa electoral de Graíces produciuse unha grave incidencia, xa que votou unha persoa que non aparecía no censo electoral, un erro admitido pola propia mesa, e que os nosos interventores fixeron constar por escrito na acta de sesión correspondente.

O feito produciuse por coincidir en nome e apelidos unha votante con outra cos mesmos datos, non se lle comprobou correctamente o DNI e isto ocasionou que cando veu a que realmente estaba correctamente inscrita xa aparecía como que xa exercera o seu dereito. Foron momentos de incerteza ante o erro cometido. Como era xusto permitiuselle votar a esta segunda, fixeronse as pertinentes anotacións sobre este incidente e continuou a votación con normalidade.

A situación agrávase porque a persoa non censada tampouco està censada en ningunha outra mesa do concello, xa que è residente nun geriátrico da Peroxa, considerando entonces que pode atoparse en situación de Incapacidade, o que non lle permitiría exercer o voto.

Indicar tamén que lóxicamente a persoa non veu soa, viña acompañada e non precisamente por ningún familiar seu......., e neste punto deixamos a cuestión.....porque a bos entendedores poucas máis palabras compren.

Con posterioridade fíxose a reclamación diante da Xunta Electoral de Zona e "acordaron" (unha vez máis, cun criterio que só eles entenden), que se ía deixar SEN EFECTO porque non influía nos resultados.

Certo é que non influe nos resultados.....pero vulnera oa dereitos e as leis do resto dos cidadáns e votantes e dalle total impunidade a que ACTOS deste estilo se sigan producindo.

TRISTE E LAMENTABLE ¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario