Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividades

Anunciamos as actividades previstas e propostas polo concello para as vindeiras datas:

Este domingo día 4 de novembro no Salón de actos do colexio as 17 horas unha sesión para os máis cativos de contacontos.

Este é o cartel que anuncia o acto.....

PARTICIPA¡¡¡


A seguinte actividade serán clases de Pilates no edificio "multiusos" da praza do concello da Peroxa, que serán os mércores, a partires do vindeiro día 7, en horario de 19 a 20.
Esta actividade terá un custo de 20 euros mensuais, que na nosa opinión para ser organizada polo concello ten un custo elevado vendo que noutros concellos limítrofes incluso en algúns è gratuita.

Este tamén è o cartel anunciador....


No hay comentarios:

Publicar un comentario