Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Un capítulo máis da historia interminable....¡¡

No BOP de hoxe mércores 10 de agosto na páxina 2 somos testigos unha vez máis doutro capitulo da historia da nosa famosa "carretera nova". Outro paripé legal que non fai máis que confirmar que as expectativas falsas que creou o noso alcalde en canto a prazos unha vez máis non se van a cumprir.....senón para recordar mirade esta noticia........

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Mentira tras mentira van pasando os anos e cada vez buscan un culpable diferente do retraso, pero creemos que tras máis de 20 anos de enganos alguén terá asumir as súas responsabilidades e deixar de enganar os veciños e sobre todo ser honrado o non seguir alimentando unha historia "interminable".....para comenzar pode explicar os veciños porqué a parte do presuposto que aportaba a Deputación parece que comenza a esvaecerse outra vez máis, porqué segue dando prazos irreais cando sabe que a situación está bloqueada nas expropiacións no Concello de Coles debido o pasotismo e a falta de compromiso e de palabra do propio presidente da Deputación......o milagreiro Sr. Baltar que leva anos ríndose de nos.

A nosa opinión sobre esta obra é que unha vez xa resignados polos continuos enganos que fixeron do noso Concello un lugar inaccesible e que truncou o noso futuro e desenrolo, estamos dispostos a afirmar que seguro chegará (a pesares das cambadelas e trabas da Xunta) o AVE a Ourense que a carretera A Peroxa....esta é a nosa reflexión e o tempo dará ou quitará razóns ¡¡

NON MÁIS ENGANOS ¡¡

No seguinte enlace podedes comprobar a publicación antes comentada do listado de expropiacións pendentes:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=179&fecha=20110810

No hay comentarios:

Publicar un comentario