Hoxe sorprendeunos ver na prensa local unha nova sobre o noso concello que o noso entender falta bastante a realidade.
Admiramos e aplaudimos a labor que fai Aspanas na provincia de Ourense e no centro de A Peroxa, pero para nada estamos de acordo coa noticia que a continuación veredes no seguinte enlace....(supoñemos que a información sería facilitada polo concello):
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/11/discapacidad-superar/570608.html
A noticia fala de que na Peroxa os empregados de Aspanas encarganse do mantemento de jardines, parques e areas naturais.....¿?......¡¡
Si é certo, repetimos unha vez máis que fan unha labor excepcional, pero a limpeza centrase máis nas beirarúas e cunetas, así como durante a pasada campaña das municipais para "lavar a cara" e limpar a moita maleza que estaba a invadir os nosos pobos. As instruccions dende o concello foron ben claras, limpeza dos pobos con fins meramente electorais.
Unha vez máis reiteramos o agradecemento a sua labor, pero solicitamos os responsables do concello que non se faga uso desta asociación para outros fins que non sexan os sinalados.
Aproveitamos tamén para solicitar do concello que pasen a ser realidade eses xardins, parques e areas naturais virtuais que empregan para adornar unha nova que non se axusta a realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario