Esta semana atopamonos cunha noticia sorprendente na prensa, unha vez máis apelando a hipocresía dos señores do PP, no seguinte enlace mirade a noticia.......
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/03/pp-denuncia-milia-cobra-1800-euros-mes-dedicacion-parcial-concello/568230.html
Por suposto que é moi criticable os excesivos soldos que cobran os alcaldes dos nosos pequenos concellos, e sobre todo nesta época de recortes e de falta de cartos para obras básicas, pero o que nos sorprende e que sexan unha vez máis os hipócritas do PP os que denuncien esto cando os seus alcaldes están a hipotecar a economía de moitos concellos dos que gobernan.
Fixemos o azar unha comparativa dos soldos de varios concellos desta nosa provincia que podedes analizar agora.....
Unha vez vistos os datos oficiais e publicados no BOP e analizados lévanos a conclusión de que noticias coma a anterior están fora de todo lugar.
É sorprendente que o noso alcalde cunha dedicación parcial (20h), leve do concello máis de 2.400€, e se aproxime no soldo a dedicacións exclusivas de concellos tan importantes coma San Cibrao das Viñas ou mesmo Allariz, que nos doblan e triplican e poboación.
Por comparar con outra dedicación parcial e denunciable que cobre máis do dobre que por exemplo o seu homónimo e colega de partido no concello de Leiro, un concello cun sector vitivinícola forte e cunha aposta por sectores coma o turismo que nos fan estar a anos luz deles.......
Voltando a noticia que orixinou este analisis pediría os mesmos que fixeron a denuncia que fixeran tamén extensiva esta denuncia o seu colega de A Peroxa......QUE LÁSTIMA QUE SO TEÑAMOS OLLOS PARA VER A PALLA NO OLLO DO VECIÑO ¡¡ BASTA XA DE ENGANOS E DE HIPOCRESÍA ¡¡
Como sabemos que non van a denunciar isto, seremos nos quen o fagamos público e de feito o noso primeiro rechazo xa foi no pleno onde se aprobou pero cos votos negativos dos concelleiros do partido socialista de A Peroxa, por consideralo unha burla os veciños.
Para rematar e contestando a pregunta que pon título o artigo......parece que sí xogamos na primeira división dos concellos se comparamos o abusivo soldo do noso alcalde, que este sí é dos mellores pagados da provincia nun concello que a nivel industria, servizos, infraestructuras, emprego e outras sectores básicos está no furgón de cola provincial....
UNHA NOVA MOSTRA DA AUSTERIDADE QUE PREDICAN ¡¡ (Pura hipocresía)....vai sendo hora de que abramos os ollos e digamos basta, que non sigan ríndose de nos.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario