Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 1 de agosto de 2011

Acordos pleno do 06/07/2011

O pasado 6 de xullo celebrouse o pleno no Concello da Peroxa cos seguintes acordos e as nosas posturas:

1) Creación da Xunta de Goberno Local: abtención por considerar que non é un órgano necesario en Concello de menos de 5000 habitantes e que conleva un gasto prescindible en canto o pagamento das xuntanzas dos seus membros; o pleno é un órgano máis que suficiente para debatir e tomar os acordos pertinentes.
2) Indemnización os membros da corporación por asistencia o pleno, xunta de goberno, comisión de contas, consello escolar: todas elas fixadas en 60€: aprobadas por ser unha cantidade razoable e sobre todo cando xa se tivo rebaixado en ocasións anteriores por petición dos membros da oposición.
3) Asiganación económica de 30€ diarios os concelleiros de Urbanismo e Servizos Sociais: abstención por considerar que non son necesarios nun concello como o noso pola súa pouca carga de traballo e competencias.
4) Soldo do alcalde: 28.979€ anuais por unha dedicación parcial (asistencia de 20h semanais). Voto en contra por parecernos unha cantidade desproporcionada para as funcions dun alcalde dun concello de pouco máis de 2000 habitantes.

Queremos indicar tamén que neste pleno o Sr Alcalde foi preguntado pola situación de emerxencia sanitaria pola cal pasan as nosas fosas sépticas, xa denunciadas en reiteradas ocasións por este grupo e obtivemos a resposta negativa o respecto en canto o seu vaciado e limpiado por falta de presuposto (indicamos neste punto que para engadir outro soldo a outro concelleiro sí hai cartos). Propuxo que para ter un plan de vixiancia e limpeza habitual habería que facelo a través dos costes oportunos para os bolsillos dos veciños.

Algún acordo máis se reflexou neste pleno pero teredes cumprida información en canto teñamos a acta oficial do mesmo.
Este datos que analizamos son os que por obriga legal se publicaron no BOP do 30/07/2011 nas súas páxinas 15-18, que poderedes consultar no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=170&fecha=20110730

Con esta nova iniciamos unha nova categoría neste blog onde vos teremos informados das nosas actuacións e peticións no concello e as respostas do mesmo as demandas veciñais que vaian surxindo, dando así cumprimento a unha das nosas promesas de transparencia e información a veciñanza.
Dende este blog teredes cumplida información das actuacións que acometeremos no control e fiscalización das actuacións do grupo de goberno municipal do PP, así como das nosas propostas e solicitudes para a mellorar do benestar dos nosos veciños e veciñas.

Seguiremos informando.

Unha vez máis reiteramos a nosa disposición para calquer dúbida ou problema que xurda en calquer lugar e a calquer veciño deste noso concello a través dos nosos medios habituais e agora máis personalizados nos 3 representantes no concello: Toño, Rocío e Artemio, así como calquer outro membro da candidatura socialista que estará pendente das necesidades dos veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario