Foron os veciños dos pobos de Gueral e Corbelle quen ante a pasividade e a falta de actuacións por parte dos nosos gobernantes, reclamaron a presencia da Televisión de Galicia para que informara deste grave problema, que ano tras ano, acontece con frecuencia, e que dende o goberno municipal non se exixen as medidas necesarias.
A reportaxe publicada foi a seguinte....
http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-da-peroxa-queixanse-polos-danos-que-os-camions-provocan-nas-estradas
Unha publicación que non debería deixar indiferente a naide, e sobre todo a algún "actor" que de xeito involuntario aparece na reportaxe na súa dobre función de "empresario da madeira" e o mesmo tempo Alcalde, e polo tanto, responsable de garantir uns servizos e accesos dignos aos veciños e veciñas destes e doutros pobos "afectados".
Esa sería a persoa axeitada para entrevistar e que dera a súa versión da situación....unha situación da que vos publicamos algunha imaxe das zonas afectadas....
Reiteramos no titular do artigo o calificativo de "VELLO" xa que é un problema recurrente durante moitos anos, e SIRVA COMO EXEMPLO PARA SOLICITAR UNHA MELLORA A ESTA PROBLEMÁTICA A NOSA PETICIÓN FEITA NO XA LONXANO ANO 2014......
Como sempre facemos, antes de calquer proposta e petición de mellora e comprobar de primeira mán a problemática para poder levar aos plenos correspondentes estas solicitudes de actuación para os problemas que afectan a veciñanza do noso Concello......neste caso as imaxes publicadas no seu día e amosadas no pleno correspondente foron as seguintes....
COMO XA NOS TEN ACOSTUMANDOS O SR. ALCALDE.....NAS SÚAS RESPOSTAS AS PETICIÓNS QUE OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS TRASLADAN DOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO È TRATAR DE BUSCAR CULPABLES NA PROPIA VECIÑANZA, SEN ASUMIR NINGÚN TIPO DE RESPONSABILIDADES, E O QUE É PEOR......SEN OFRECER NIN BUSCAR SOLUCIÓNS ¡¡¡
LAMENTABLE ¡¡¡¡
ESTA FOI A RESPOSTA A NOSA PETICIÓN PRESENTADA E DEBATIDA NO PLENO DE NOVEMBRO DE 2014....
ANTE ESTA SITUACIÓN, OS NOSOS CONCELLEIROS SEGUIRON A TRABALLAR NESTE PROBLEMA, PARA TRATAR DE BUSCAR NO CONCELLO UNHA SOLUCIÓN A ESTE PROBLEMA QUE AFECTA A BOA PARTE DAS NOSAS ESTRADAS E CAMIÑOS PÚBLICOS.
CURIOSAMENTE, NESA LABOR, MESES DESPOIS ATOPAMOS DE NOVO ESTA SITUACIÓN NA ZONA DE BEACÀN E VALDOMAR E DESTA VEZ CREADA POLA PROPIA EMPRESA DA QUE É DONO O SR. ALCALDE, E ASÍ O TRASLADAMOS DE NOVO AO PLENO PARA QUE SE TOMARAN MEDIDAS AO RESPECTO.
FIXEMOLO DE NOVO A TRAVÉS DO SEGUINTE ROGO Nº 4 DO DOCUMENTO SEGUINTE....
NOVAMENTE, A NOSA PETICIÓN ESTIVO FUNDAMENTADA NO ESTADO QUE OS CAMIÑOS PÚBLICOS QUEDARON E QUE SE REFLEXAN NAS IMAXES SEGUINTES.....
E TRISTEMENTE, COMO POR CERTO, ERA DE AGARDAR......A RESPOSTA DO ALCALDE A ESTE PROBLEMA È XUSTIFICARSE DOS SEUS COMENTARIOS NO PLENO ANTERIOR, ONDE AGORA QUERE MATIZAR A SÚA "BÚSQUEDA DE CULPABLES", PERO QUE TODOS E TODAS TEDES A OCASIÓN DE LEER ÀMBALAS DÚAS RESPOSTAS PARA SACAR AS VOSAS PROPIAS CONCLUSIÓNS E PARA QUE TEÑADES UNHA CLARA IDEA DE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO CO SEU ALCALDE A FRONTE E A COA COMPLICIDADE DOS SEUS CONCELLEIROS.
ESTA FOI A RESPOSTA DADA NO PLENO DE FEBREIRO DE 2015 AO PROBLEMA DA ZONA DE BEACÁN E VALDOMAR....
PENOSO E MOI TRISTE...... QUE SE TENTE CULPAR A VECIÑANZA DUNS PROBLEMAS QUE NON OCASIONA PERO SI SUFRIMOS ¡¡¡
SEGUIMOS E SEGUIREMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E A SER O TEU ÚNICO LUGAR DE TODA A INFORMACIÓN QUE AFECTA AO NOSO CONCELLO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario