Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 2 de abril de 2018

Resumo do Pleno do 21 decembro de 2017

Con evidente retraso na publicación deste artigo, como sempre axeno a nosa vontade, xa que estivemos agardando durante moitas semanas pola redacciòn e publicación da acta do mesmo, e agora facemos o que foi o resumo deste INTENSO pleno onde se debateron e decidiron cuestións de màximo interès para a veciñanza, e que a continuación vos informamos con detalle.

Esta era a convocatoria e a orde do día da sesión....


No punto 1, aprobouse por unanimidade a declaración deste pleno como ordinario.

Aproveitou o noso portavoz para indicar que a pesar de ter xa sido advertido incluso ata polo Valedor do Pobo da obrigatoriedade que marcan as leis vixentes da celebración das sesións plenarias cada dous meses, e a pesar de ter o Sr. Alcalde, coa complicidade dos seus concelleiros, de ter modificado os acordos previos e deixar sen data previa bimensual para a súa celebración, obtando por un acordo máis que de dudosa legalidade onde o Sr. Alcalde propón a data e hora dos mesmos, segue a incumplir estes acordos e lexislación.

Mesmo chegou a garantizar e comprometerse por escrito nas alegacións feitas polo Concello da Peroxa a raíz da denuncia feita polo noso Grupo Municipal diante do Valedor do Pobo xa fai un par de anos polo contínuos incumplimentos e as trabas que poñía e segue a poñer ao traballo de control do grupo da oposición "que no seu concello se "cumplirían" as leis e se celebrarìan os 6 plenos obrigatorios".

Lembroulle o noso portavoz que por segundo ano consecutivo de novo volve a incumprir as leis e os seus propios acordos, xa que no pasado ano 2016 tivo tan só 4 plenos e neste 2017 que remata tivo tan só 5 ¡¡¡

Unha vez màis a resposta do Sr. Alcalde, e tamén do Sr. Secretario, responsable màximo do Concello para que se cumplan e fagan cumprir as normas foi.......O SILENCIO ¡¡¡

No punto2, tamén se aprobou por unanimidade a Acta do pleno anterior.

Tamén aquí tivemos a ocasión, de preguntar porquè, unha vez máis, non foron remitidas, como marcan as leis, xunto coa convocatoria para este pleno, tódalas Actas das Xuntas de Goberno Local celebradas dende o pleno anterior, faltando a da sesión 29/112017.

O Alcalde manifestou que descoñecía os motivos, pero que pronto nos será remitida.....¿?......POIS INDICAR QUE TODAVÍA SEGUIMOS A ESPERA DE QUE NOS SEXA FACILITADA ¡¡¡¡ noutro exemplo máis de trabas e falta total de respecto polo noso traballo.

En comparativa coa situación exposta no punto anterior, indicar que as Xuntas de Goberno Local sí se celebran coa periodicidade prevista, xa que no ano 2016 se celebraron 7 e no pasado 2017 as 6 que corresponden.......CURIOSO ¡¡¡

No punto 3, aprobaronse cos votos favorables dos concelleiros do grupo de goberno e a nosa abstención a modificación das ordenanzas municipais para adaptalas co proxecto "CONCELLOS DOING BUSINES GALICIA", que a pesar deste nome raro, veñen a ser medidas que favorezan e fomenten a implantación e fixación de empresas neste Concello.

Neste punto indicamos que están moi ben este beneficios para as empresas, pero SERÍA MELLOR OFRECERLLES SOLO INDUSTRIAL PARA PODER ASENTARSE, E POLO TANTO REITERAMOS A POSTA EN MARCHA DO PROXECTO PARALIZADO DO PARQUE EMPRESARIAL, por parte dun Alcalde que non foi quen todavía de poñelo a funcionar con case 40 anos ao fronte dun concello que esmorece en canto a poboación se refire, xa que teñen que marchar na búsqueda de traballo....

Tan só hai que botar a vista atrás, por exemplo a esta noticia de fai xa máis de 14 anos.....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2004/09/10/parque-empresarial-ofrece-metro-cuadrado-modico-precio-cinco-euros/0003_3011906.htm

No punto 4, aprobase por unanimidade a consideración de Camiño Pùblico un ben que foi investigado entre as Paraxas e Corneda logo da consulta e declaración dos veciños e veciñas de máis de 60 anos onde indicaban que "sempre houbo un camiño público".

No punto 5, aprobasen por unanimidade as "Bases reguladoras do programa de vivendas baleiras do Concello da Peroxa".

Neste punto do pleno, o noso portavoz, unha vez máis, volve a confesar que ten "o sano vicio" de leer todas as publicacións e documentos que afectan ao noso concello, e de novo nos atopamos con múltiples erros nestes bases, PORQUE NINGUÉN SE TOMA NO CONCELLO ESA MESMA MOLESTIA ¡¡¡

Unha vez indicados e recoñecidos, tamén pregunta por algunha das cuestións que recollen estas bases....¿quen serán os integrantes da Comisión de Seguimento prevista neste convenio?
.....non tivemos resposta por parte da Alcaldía
.......e esto nos recorda tamén a do Convenio do Servizo Municipal de Augas onde levamos moitos anos sen esa Comisión, que lembremos, segundo indica o propio convenio è de existencia obrigatoria ¡¡¡¡

Tampouco foron quen de presentarnos nestas bases o Anexo II que será a solicitude, e así outras cuestións que rogamos se subsanen dun xeito áxil.

No punto 6, CHEGOU A SORPRESA DA TARDE ¡¡¡

O ALCALDE EXPÓN QUE DEBIDO "AS DIFICULTADES TÉCNICAS" PARA RECUPERAR AS COMPETENCIAS PARA O CONCELLO EN MATERIA DE RECADACIÓN, (DIFICULTADES QUE CURIOSAMENTE OS CONCELLOS DE COLES E AMOEIRO NON TIVERON), PROPÓN SEGUIR CON ESTE SERVIZO NA MANCOMUNIDADE ¡¡¡

VERGOÑENTO E HUMILLANTE QUE SE VEÑA AO PLENO A MENTIR CON TANTO DESCARO, XA QUE FACÍA POUCO MÁIS DE DOUS MESES ESE MESMO ALCALDE INDICABA "QUE NON ESTABAN SATISFEITOS CO TRABALLO DESTE SERVIZO NA MANCOMUNIDADE" ¡¡¡

Neste asunto remitimosvos ao artigo publicado sobre o resumo do anterior pleno neste mesmo blog, onde no seu punto 2 explicamos cal era a situación real.

Acceso no seguinte enlace:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2017/11/resumo-do-pleno-celebrado-o-25-de.html

Voltamos a preguntar neste punto se alguén do grupo de goberno era quen de darnos unha cifra dos ingresos que o noso Concello deixou de cobrar nos últimos 5 anos tal e como xa preguntamos no pleno anterior.......NON TIVEMOS RESPOSTA ALGÚNHA ¡¡¡

MANIFESTAMOS QUE NOS PARECÍA "SOSPEITOSO" QUE XUSTAMENTE DESPOIS DE TER ACORDADO ABANDOAR ESTE SERVIZO DA MANCOMUNIDADE EN SETEMBRO, EN NOVEMBRO SE CONVOCARA PARA ESE SERVIZO UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE RECADACIÓN, QUE TAL E COMO ADIANTAMOS SEMANAS ANTES DA SÚA RESOLUCIÓN ESTABAN BEN CLARO QUEN ÌA SER O "ESCOLLIDO" ¡¡¡

POR PARTE DA ALCALDÍA SE NEGABAN ESTAS "EVIDENCIAS", PERO CREEMOS QUE ESTÁN BEN CLARAS E BEN ARGUMENTADAS, E LAMENTAMOS QUE SE ANTEPOÑAN INTERESES PERSOAIS NESTA DECISIÓN AOS INTERESES XERAIS DO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡

O ALCALDE REMATABA ESTE DEBATE "COMPROMETENDOSE" A QUE SE ESTE SERVIZO NON REALIZABA A SÚA LABOR CORRECTAMENTE DENTRO DUN ANO SE LLE DABA "CARRETERA"(palabras textuais que aparecen na acta do pleno).

POLO TANTO VOLVEMOS A POÑER DURANTE UN ANO EN RISCO MOITOS MILES DE EUROS QUE O NOSO CONCELLO PODERÍA DEIXAR DE INGRESAR E TODO ESTO COA COMPLICIDADE DO ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS ¡¡¡

No punto 7, os nosos concelleiros socialistas, revisaron a publicación dos Decretos da Alcaldía.

No punto 8, dentro do apartado de ROGOS, presentamos o seguinte:



Aprobouse por unanimidade, indicando o Alcalde "que se está a traballar nesta demanda".

Argumentamos esta petición coa precariedade e falta de actualización dunha web municipal obsoleta e non acorde aos tempos que corren, onde a información online vai cada día a mais ¡¡

http://www.aperoxa.es/

A do Colexio, por exemplo, está todavía máis desactualizada, sendo agora mesmo unha posible ferramenta para fomentar as actividades e servizos deste centro para captar novos alumnos de cara o vindeiro curso....

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprobertoblanco/

Rematamos este argumentario indicando que xa nos orzamentos 2017 do concello se contemplaba a contratación dun Informático que todavía a día hoxe non se executou, onde o concello aportaba 2.000€ que se pretendìan completar con algunha subvención doutra administración, e onde neses mesmos orzamentos se destina anualmente unha partida económica de 5.000€ para "Programas informáticos nuevos".

Agardemos por fin ver pronto estas actuacións de mellora que coloquen ao noso Concello no eido da Información ONLINE ¡¡

No apartado de PREGUNTAS, presentamos por escrito as seguintes....





En resposta a PREGUNTA 1, o alcalde manifesta "que se nos dará información cando este o proxecto redactado, pero adianta que o saneamento do pobo do Amido é unha delas".

Tamén segundo a publicación posterior no Boletín Oficial da Provincia, tal e como podedes comprobar na paxina 10 se acometerá o servizo obrigatorio de saneamento en Corneda.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=26&fecha=20180201

En resposta a PREGUNTA 2, contesta o Alcalde, noutra das súas típicas respostas evasivas e botando "balóns fora" cando o concello non está a altura das actuacións necesarias.....indicando "que o concello non está por detrás do 80% dos concellos e que non ian a poñer o carro antes que os bois".

Despois de escoitar esta resposta pouco máis podemos engadir, xa que eles mesmos amosan o seu completo pasotismo e desinterès por poñer o noso concello ao día en canto ao cumplimento e posta en marcha das novas leis vixentes¡¡¡

Con respecto a PREGUNTA 3, pouca gracia lle fixo ao grupo de goberno municipal, xa que demostramos que o Concello non tramitou correctamente a xustificación desta subvención, nin en canto a prazos nin a xustificación dos traballos realizados, e posteriormente a este pleno, se fixo unha modificación deste puntos, para non ter que devolver os cartos desta subvención de 10.000€, noutro exemplo máis do descoñecemento dos mandatarios municipais en canto a lectura e interpretación das bases desta e doutras subvencións, a pesar, de terllo advertido con anterioridade dende o noso grupo municipal.

Non permitiremos que os "caprichos" do alcalde en canto aos procesos selectivos e xestión das subvencións poidan ocasionar perxuizos economicos ao concello.

Lamentamos tamén, que nun acto pouco loable, o alcalde manifesta tamén en resposta a esta pregunta que se TOMARÁN AS MEDIDAS OPORTUNAS RESPECTO DA PERSOA QUE TEN A "RESPONSABILIDADE" DE TRAMITAR AS SUBVENCIÓNS, discrepando nos deste punto, xa que a firma è do propio alcalde, que ben podería esforzarse en asuntos de interès no seu concello e sobre todo do secretario que lle vai no elevadísimo soldo estas responsabilidades.

En resposta a PREGUNTA 4, indicase por parte da alcaldía que "recentemente se rematou a ampliación desta ruta para facela circular e tamén a nova sinalización que foi subvencionada", e en canto a non publicación nos libros e aplicacións especializadas sinala que "agarda que sexa efectiva para o vindeiro ano".

Este foi o cartel da subvención concedida....


A ruta do noso concello está anunciada en algún cartel indicador como o seguinte...QUE SEGUNDO A AMPLIACIÓN REALIZADA DEBERÁ SER MODIFICADA COS NOVOS DATOS ¡¡



A nova revista publicada pola Xunta de Galicia non reflexa a Ruta do noso Concello, nin a amplicación recente, nin a ruta xa instaurada fai varios anos....POÑAMOS AS MEDIDAS PARA QUE O NOSO CONCELLO ESTÉ PRESENTE COMO CALQUER OUTRO ¡¡




No caso da revista editada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra si se recolle a nosa Ruta, PERO SOLICITAMOS QUE NA VINDEIRA PUBLICACIÓN APAREZAN OS CAMBIOS REALIZADOS NA MESMA...





Nesta pregunta quedou de novo demostrado o noso interès por poñer ao noso Concello no lugar que se merece e promocionar o noso patrimonio e lugares senlleiros.....agardemos que dende as oficinas municipais se poña, cando menos, o mesmo interés ¡¡


Finalizamos o pleno con unha pregunta de xeito oral, onde preguntamos sobre a concesión dunha subvención para a mocidade do noso Concello para o exercicio 2017 e sobre cales foran as actividades desarroladas para ese fin con eses cartos, xa que segundo a comprobación que fixemos na tramitación desa subvención se xustificou como "actividade para a mocidade" unha excursión ao San Froilàn en Lugo onde, a pesar da moita asistencia de veciños e veciñas do Concello as idades dos participantes estaban "moi lonxanas da idade moza", solicitando que este tipo de "excursións" se encadrasen noutras subvencións que existen e os cartos que se conceden para actividades xuvenís se empreguen en actividades reais para as franxas de idade indicadas ¡¡¡


ASÍ REMATOU ESTE INTENSO PLENO ONDE OS ASUNTOS TRATADOS FORON DE INTERÉS PARA A VECIÑANZA, E ONDE DE NOVO, A INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO TAN SÓ A PODES ATOPAR NESTE LUGAR.

SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario