No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:
No fútbol rexional:
CORTEGADA .C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 15 as 17:00 no Campo de Cortegada.
No fùtbol dos equipos de base:
C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 14 as 12:00 no Campo de Velle.
U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Domingo 15 as 12:00 no Campo do Colexio Miraflores no Pereiro de Aguiar.
A PEROXA C.F. ALEVIN - E.D.C. XINZO "B": Sàbado 14 as 11:30 no Campo do Marco.
A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. VELLE "B": Domingo 15 as 10:30 no Campo do Marco.
E.D.C. XINZO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 14 as 11:30 no Campo de Xinzo de Limia.
No fútbol de veteráns:
CALDARIA - LLOVIZNA: Sàbado 14 as 19:45 no Campo de Santa Cruz de Arrabaldo.
ATLETICO PEROXA - IRIXO: Sàbado 14 as 19:00 no Campo do Marco.
No fútbol sala:
O EQUIPO DOS PEARES F.S. SEGUE A ESPERA DO INICIO DA COPA DEPUTACIÓN UNHA VEZ PUBLICADOS OS RIVAIS E CALENDARIOS E ONDE A PESAR DE INICIARSE NESTA FIN DE SEMANA, O NOSO EQUIPO TOCALLE DESCANSAR E NON TERÁ COMPETICIÓN ATA O SÁBADO 21 QUE XOGARÁ COMO LOCAL NA SÚA CANCHA DOS PEARES.
Acceso ao calendario desta competición:
No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:
INDICAR PARA TÓDOLOS AFICIONADOS A ESTE DEPORTE NO NOSO CONCELLO QUE XA ESTÁ A ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES "CORRENDO POR OURENSE 2018" E ONDE A SÚA PRIMEIRA CITA SERÁ O DOMINGO 22 NO BARRIO DO VINTEÚN.
TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE SEGUINTE:
Hoxe tamén temos que anunciavos un interesante evento que se celebrará esta fin de semana en Ourense e onde o noso Concello terá unha representación de nivel, tal e como se recolle no seguinte artigo de prensa:
Nula actividade cultural segue a ofrecer o noso Concello, onde o único destacable para estas vindeiras datas é unha charla informativa que vos anunciamos a continuación e para a cal podedes anotarvos hoxe como último día.
Ide anotando nas vosas axendas o seguinte e importante evento....ANDAINA NO NOSO CONCELLO O DOMINGO 13 DE MAIO ¡¡
LEMBRA QUE HOXE VENRES DÍA 13 CELEBRASE UNHA DAS NOSAS FEIRAS MENSUAIS NA PEROXA ¡¡
Seguimos anunciando actividades de interés que se celebrarán nas vindeiras datas no veciño Concllo de Coles pero que serán seguidas por moitos dos veciños e veciñas do noso Concello:
APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡
SOMOS, E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario