Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 14 de enero de 2016

Resumo Pleno Ordinario do Concello do 23 de novembro de 2015

Con algo de retraso, motivado por estar agardando pola acta asinada da celebración do pleno, pero aquí está como sempre o que deu de sí este corto pero intenso e interesante pleno.

Lembramos cal era a orde do día:



No Punto 1: aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior. Tan só preguntamos "a modo de curiosidade" o Sr. Secretario cal era o motivo para que desta vez tanto a Acta anterior, como as tres Actas de Xunta de Goberno Local Extraordinarias aparecían como "Borrador".....nada coherente que respostar ¡¡¡

No Punto 2: celebrouse o sorteo das persoas que conformarán as mesas electorais das Eleccións Xerais 2015.

No Punto 3: indicase que se puxeron a nosa disposición os Decretos da Alcaldía. Revisamos unha vez máis os citados decretos.
Indica o Sr. Alcalde que tamén neses decretos se publicaron os días festivos locais para o ano 2016, que serán o Martes de Entroido e o San Martiño.
Reprochamos, que este Decreto non se atopaba entre os que revisamos.......unha cuestión demasido habitual lamentablemente ¡¡¡

Tamén explica o Secretario unha interpretación da Lei 27/2013 do 27 de decembro de Racionalización e Sosteñibilidade da Administración Local en materia de competencias de Atención Primaria da Saúde, Servizos Sociais e Educación.

No punto 4, no apartado de Escritos e Comunicacións indicou o Secretario asuntos relacionados coa modificación puntual do PXOUM para seguir coa súa "lenta" tramitación localizada no PARQUE EMPRESARIAL........ese do que levan máis de 20 anos falando pero nunca se materializa.

Ese mesmo do que a prensa local segue a dar titulares......pero pouca realidade:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/09/27/peroxa-tendra-100000-metros2-suelo/1321002.html

Publicación no Diario Oficial de Galicia recente:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151015/AnuncioCA02-061015-0001_es.html


ESE MESMO QUE XA ERA NOTICIA DE PRENSA FAI MÁIS DE 10 ANOS ¡¡¡¡

POLO TANTO CREDIBILIDADE NULA SR. ALCALDE ¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/14/3546357.shtml


Neste Pleno non se reflexaba na convocatoria, tal e como exixe a normativa, o punto de MOCIONS, e como sempre a nosa Agrupación Municipal Socialista aportaba unha para o seu debate neste Pleno.

Como paso previo, debateuse e aprobouse por unanimidade a Urxencia da citada moción, polo que pasamos a expola.

Foi a seguinte:



O Sr. Alcalde resposta que "se o obrigan as leis haberá que facelo, ainda que resulta moi difícil pola acumulación de traballo nas oficinas e polo pouco persoal dispoñible"

O noso portavoz reitera unha vez máis que esto xa se sabía fai dous anos (cando se publicou a lei: decembro 2013), que esto entraba en vigor na data sinalada (10/12/2015). Dende a nosa Agrupación Socialista foron moitas as propostas, proposicións e preguntas sobre este tema, para que se fora adiantando traballo......TODAS ELAS, COMO É DE COSTUME....REXEITADAS ¡¡¡


ASÍ NOS VAI ¡¡

Engade o voceiro Josè Manuel Rodríguez Blanco "que xa subiron a web do Concello determinados datos para coñecemento público".

NEGAMOS TAL CUESTIÓN, XA QUE TANTO NO DÍA DE DEBATE NO PLENO DESTA CUESTIÓN COMO HOXE MESMO (INCUMPRINDO NOVAMENTE OUTRA LEI) NON HAI ABSOLUTAMENTE NADA COLGADO.

PODES COMPROBALO TÍ MESMO:

http://aperoxa.sedelectronica.es/transparency/


TODOS AS CARPETAS E ARCHIVOS ESTÁN BALEIROS¡¡¡¡

ESTÁ É A POLÍTICA DE OCULTACIÓN A CIDADANÍA E DE INCUMPRIMENTO DAS NORMATIVAS VIXENTES QUE O TEU CONCELLO REALIZA HABITUALMENTE.

No día da entrada en vigor desta importante Lei para dar publicidade o funcionamento das Administración Locais xa publicamos neste mesmo blog un interesante artigo:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/search/label/Te%C3%B1o%20dereito%20a.....

Indicase que están a espera de ver si nos adherimos como Concello o portal de Transparencia da Deputación de Ourense a través do convenio que publicou,.....E QUE LEMBRAMOS QUE CANDO TODAVÍA ESTABAMOS EN PRAZO SOLICITAMOS A SÚA INCORPORACIÓN, PERO DAQUELA NON INTERESABA NIN PREOCUPABA......

ASÍ ANDAMOS SEMPRE......A REMOLQUE ¡¡¡¡

Precisamente, polos recentes casos que non vamos a comentar aquí, a Deputación de Ourense, e concretamente o seu Presidente, non son claros exemplos de Transparencia CANDO NON SON CAPACES NIN DE CUMPLIR O SEU PROPIO CÓDIGO ÉTICO¡¡¡

DIMITEN ANTES OS SEUS MEMBROS QUE O PROPIO PRESIDENTE POR INCUMPLILO¡¡

A prensa local recollía no seu día noticias sobre este ofrecemento para mellorar a transparencia nos concellos por parte da Deputación:

http://www.ourensedixital.com/_novas/15/09/16_04.htm

CURIOSAMENTE, A MOCIÓN, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, APRÓBASE POR UNANIMIDADE PERO COMO XA ARGUMENTAMOS E DEMOSTRAMOS.....

NON SE ESTÁN A CUMPRIR AS LEIS NO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡

No punto 5, dentro do apartado de Rogos e Preguntas, fieis o noso compromiso coa veciñanza e os seus problemas e preocupacións presentamos as PREGUNTAS seguintes:



En resposta a Pregunta 1, o Alcalde indicou "que non cambiuou ningunha sinalización, e que foron 12 os puntos onde se ubicaron os novos sinais". "Manteñense os sinais antiguos que foran colocados co patrocinio da Ribeira Sacra" e finaliza indicando "que o orzamento deste novo investimento é de preto de 6.000€, do cales se subvenciona o 68%".

O noso portavoz indicalle que "A APORTACIÓN DO CONCELLO DA PEROXA, E, POLO TANTO, DOS CARTOS DOS IMPOSTOS DE TODA A VECIÑANZA FOI DE CASE 2.000€¡¡¡¡


TAMÉN MATIZAMOS QUE FALTA A VERDADE, POIS OS CARTEIS ANTERIORES DA RIBEIRA SACRA DO CRUCE DA PEROXA, XUNTO A CRUZ VERMELLA FORON SACADOS E COLOCADOS OS NOVOS, POLO TANTO, OU MINTE OU NON SE ENTERA DE COMO SE EXECUTAN AS SUBVENCIÓNS E COMO SE GASTAN OS CARTOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

Como sempre, argumentamos as nosas manifestacións con imaxes....


ESTE ERA O CARTEL QUE HABÍA COLOCADA ATA FAI BEN POUCO


ESTE É O QUE HAI ACTUALMENTE....

CLARAMENTE FOI CAMBIADO.

NON MINTA MÁIS SR. ALCALDE ¡¡¡


E ESTE ESTÁ COLOCADO TAMÉN NO MESMO LUGAR

Pola contra, outros sì se mantiveron......¿Con què criterio?

.....Non obtivemos resposta.

Exemplo:


NO CRUCE DE LAMAGRANDE


TAMÉN LLE PROPUXEMOS O SR. ALCALDE QUE CAMBIARA A UBICACIÓN DUN CARTEL QUE QUEDOU COLOCADO NA XA OBSOLETA CARRETERA ANTIGA POR VILARCHAO, A CARÓN DO CONCELLO DE COLES, E SE COLOCASE NA NOVA ROTONDA DE VILARCHAO QUE É POR ONDE AGORA ACCEDEN OS VEHÍCULOS O NOSO CONCELLO.

Este é o cartel que reclamamos o seu cambio de ubicación....(tamén o do seu negocio familiar si o considera oportuno):


RESPOSTOU QUE "XA O TENTARA.....PERO QUE POLA SÚA CONSTRUCCIÓN NO SENTIDO DA FRECHA NON SE PODÍA REUBICAR NA ROTONDA....."

POIS BEN POIDO TER ENCARGADO UN DOS NOVOS (VIOLETAS) PARA ESTE PUNTO ¡¡¡

Tampouco deixou pasar a ocasión de volver a manifestar que a nosa Agrupación Socialista publicara un artigo no seu día indicando que se usaran fondos do Concello para sinalar os seus negocios particulares.


UNHA VEZ MÁIS FALTA A VERDADE......ESTÁ MOI CÓMODO INSTALADO NA MENTIRA PERMANENTE E NA CALUMNIA.

NUNCA PUBLICAMOS TAL COUSA COMO PODEDES COMPROBAR BUSCANDO O ARTIGO EN CUESTIÓN, ONDE MANIFESTADOS DAQUELA E NOS REITERAMOS HOXE DE IGUAL XEITO DECINDO QUE OS NEGOCIOS PARTICULARES SEUS OU DA SÚA FAMILIA FORAN ANUNCIADOS A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN PATROCINADA POLA RIBEIRA SACRA, CUESTIÓN QUE É DO TODOS BEN COÑECIDA PORQUE O NOSO CONCELLO AINDA SEGUE SEMENTADO DESES CARTEIS.

TAMÉN ENGADIMOS DAQUELA, E VOLVEMOS HOXE A REPETIR QUE TAMÉN HABÍA E HAI OUTROS NEGOCIOS SIMILARES QUE NON TIVERON A FORTUNA DE SER INCLUÍDOS NESE PLAN.....

POR NON FALAR DA OBSOLETA E DETERIORADA SINALIZACIÓN QUE TEÑEN A MAIOR PARTE DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS E POLAS QUE SEGUIMOS SOLICITANDO UN PLAN DE MELLORA NA SÚA SINALIZACIÓN POLO BEN DA VECIÑANZA EN CASO DE URXENCIA.

Para mostra as imaxes seguintes que publicamos no seu día.......ANALIZA E REFLEXIONA SOBRE O QUE PUBLICAMOS ¡¡








CONTINUAMOS COS ARGUMENTARIOS SOBRE ESTA PREGUNTA QUE DEU LUGAR DE NOVO A UN AGRIO DEBATE COA PUBLICACIÓN DAS IMAXES DALGÚNS DOS NOVOS CARTEIS INSTALADOS:



FIXEMOS TAMÉN OUTRA REFLEXIÓN IMPORTANTE.......O SR. ALCALDE INDICOU QUE SE INSTALARAN  12 SINAIS ¡¡¡¡

TAMÉN MANIFESTOU QUE O ORZAMENTO ERA DE PRETO DE 6.000€, TAL E COMO SE RECOLLE TAMÉN NA PLACA SOBRE ESTA SUBVENCIÓN UBICADA NO POLIDEPORTIVO DA PEROXA.



POLO TANTO SE DIVIDIMOS OS 6.000€ ENTE 12 CARTEIS SAENOS QUE CADA CARTEL INDICADOR COSTOU 500€ ¡¡¡¡

FIXEMOS ESA REFLEXIÓN E PREGUNTA O SR. ALCALDE E DIXO QUE ALGÚNS ERAN MÁIS CAROS PORQUE ERAN GRANDES PANEIS INFORMATIVOS SOBRE MONUMENTOS OU RUTAS DA RIBEIRA SACRA.

ESTE ARGUMENTO TAMÉN SE CAE POLO SEU PROPIO PESO CANDO NOS ATOPAMOS QUE O QUE SE FIXO FOI COLOCAR EN ALGÚNS PANEIS XA EXISTENTES ¡¡¡¡¡ MAPAS OU RUTAS.

NOVAMENTE, ARGUMENTAMOS ESTA EXPOSICIÓN, XA QUE ASÍ SE FIXO NOS PANEIS DE A PEROXA, NO CASTELO E NOS PEARES ¡¡¡


OS PEARES


A PEROXA



NO CASTELO

Finalizamos os argumentarios a esta pregunta con unha interesante publicación, onde se demostra que a concesión da subvención para esta "nova sinalización do recurso turístico do Castelo da Peroxa" foi segundo se publica no DOG de 10.496,39€ ¡¡¡ Polo tanto hai diferencia de 4.000€ que o Alcalde confirmou que non se recibiran.

Ver páxina 6:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151118/AnuncioG0256-091115-0001_gl.pdf

En resposta a Pregunta 2, comprometíase o Alcalde "a limpalo, e pronto"

As imaxes que amosamos xustifican esta nosa preocupación polo cuidade deste emblemàtico lugar para o noso Concello, sendo un dos máis visitados polos turistas que se achegan ata A Peroxa.

Este era o Cartel da inversión de 51.000€ na mellora deste espacio, onde entre outros compromisos, se publicaba o mantemento por parte do Concello da Peroxa.


E na imaxe seguinte mostras do abandono, pola falta de limpeza da maleza.....



En resposta a Pregunta 3, o Alcalde indica "que xa mandou arranxalo".

Novamente, os nosos argumentos as demandas sempre son acompañados de imaxes:






Na derradeira pregunta escrita nùmero 4,  o Alcalde manifestaba "que segundo o técnico, a colocación do valado é correcto, ten como ten que estar".

Pola nosa parte asumimos esa resposta, xa que como manifestamos, se o tècnico avala esa decisión dámola por boa

Pero eso non quita que entón haberá que dar resposta de porque o mesmo modelo de valado recentemente instalado no Campo de Fútbol leva os "famosos" pinchos metálicos cara abaixo.

Chegaremos todos entón que algunha das dúas está mal.....¿?  AQUÍ NON HOUBO RESPOSTA ¡¡

A imaxe da instalada no Campo de Fùtbol, xusto o revés da do Parque Infantil:


Antes de rematar o Pleno, todavía fixemos algunhas preguntas orais de cuestións recientes e importantes.

Preguntamos pola situación da obras do Auditorio, pola súa prórroga, etc.

O Alcalde indicou que estaba totalmente rematada...¿?.....tamén se falou dunha pequena modificación que se vai a facer no muro da súa vivenda para ampliar a entrada principal do Auditorio.

Antes outras respostas sobre esta cuestión, sobre todo o que se refire a prazos e certificacións de obra o Sr. Secretario optou por non reflexar nada na Acta do Pleno noutra actitude incomprensible pola súa parte.

Tamén nos interesamos pola situación con respecto a nova lei para saber cal será no novo Tesoureiro do Concello......a resposta do Alcalde foi que "agardaríamos haber que se fai noutros concellos "  ¡¡¡¡

Por último, preguntamos porquè na publicación do DOG sobre a obra da Cuberta do Campo de Fùtbol se lle adxudicaban o concello para esta obra 41.850€ tal e como se amosa no enlace seguinte na pàxina  2 :

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150929/AnuncioG0244-210915-0002_gl.pdf

.....MENTRAS TANTO NO CARTEL DE ADXUDICACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRA A CANTIDADE QUE APARECE ERAN 40.850€ ¡¡¡


1000€ DE DIFERENCIA ¡¡¡¡

Despachouse esta pregunta indicando que se restaran eses cartos da subvención inicial ¡¡¡


UNHA VEZ MÁIS SOMOS O ÚNICO MEDIO QUE DA PUBLICIDADE O QUE SE DEBATE E ACORDA NO TEU CONCELLO.....

OUTROS PARECE QUE TEÑEN MEDO A QUE A VECIÑANZA COÑEZA O FUNCIONAMENTO DOS SEUS GOBERNANTES ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡


NOS CUMPRIMOS CO NOSO COMPROMISO DE PUBLICIDADE DE TODOS E PARA TOD@S....

DE TÍ DEPENDE A LECTURA......O ANALISE......E SOBRE TODO A POSTERIOR REFLEXIÓN ¡¡¡


SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario