Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 22 de enero de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 23 e 24 de xaneiro de 2016

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

FRANCELOS C.F. - A PEROXA C.F.:  Domingo 24 as 16:00 no campo de Francelos.

SALAMONDE C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 23 as 16:00 no campo de Salamonde.

A PEROXA C.F. INFANTIL - A.D. BOSCO: Domingo 24 as 10:15 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.P. CALASANCIO "B": Sàbado 23 as 11:30 no campo do Marco.

E.D.C. VERIN "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 23 as 17:00 no campo da Granxa (Verin).

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 23 as 12:30 no campo do Colexio dos Escolapios (Monforte).


En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - CAFÉ O TRASNO: Domingo 24 as 12:00 no campo do Marco.

CELANOVA - LLOVIZNA: Sàbado 23 as 16:00 no campo de Celenova.

TALLERES PABLO - GADAFFI: Sàbado 23 as 18:00 no campo do Colexio Miraflores.


Na liga provincial de fùtbol sala:

A GUDIÑA F.S. - OS PEARES F.S.: Sàbado 23 as 17:00 no pabellón da Gudiña.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


DESTACAMOS E CONVIDAMOSVOS A QUE ASISTADES A UNHA IMPORTANTE REUNIÓN QUE SE CELEBRA NO VECIÑO CONCELLO DE COLES HOXE VENRES AS 19:30 ONDE SE PRESENTARÁ A RECENTEMENTE CONSTITUIDA "PLATAFORMA POLA SEGURIDADE NA N-525 (Ourense-Cambo)", QUE SERÁ A FERRAMENTA NECESARIA MEDIANTE A CAL SE LOITARÁ POLA MELLORA DESE PERIGOSO TREITO DE ESTRADA E QUE NOS AFECTA A TOD@S OS QUE USAMOS HABITUALMENTE ESA VÍA.




Comenza tamén a tempada de Festas 2016 no noso Concello.....

A primeira será na parroquia de Graíces este mesmo sábado 23, anunciada co seguinte cartel:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario