Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 18 de enero de 2016

Actuacións realizadas...¡¡¡

Logo de moitos meses de espera por unha petición de arranxo necesaria, podemos publicar que por fin se atendeu solucionando así o grave perigo o que estiveron expostos conductores e peóns.

Tratabase da reparación solicitada para as pontes dañadas por un vehículo de grandes dimensións na estrada dende A Peroxa ata Peares, onde lembrando as imaxes de como deixara a situación, recordaredes a nosa petición.

As seguintes imaxes corresponden as proteccións que destrozou a altura do pobo do Fontao...




 Tamén foron moi visibles as seguintes na ponte sobre o Bubal nos Peares





Estas mesmas imaxes foron publicadas no xornal local La Región por algún veciño da zona, tamén denunciando a situación....




Presentamos estas peticións urxentes de mellora no pleno do xa moi lonxano mes de Xaneiro de 2014 a través do seguinte listado de rogos, onde nos seus puntos 5 e 6 se facía mención a esta problemática:



Logo de tratar e debatir o asunto no pleno do 21 de xaneiro de 2014, no seguinte documento tedes o extracto da Acta do mesmo onde o Sr. Alcalde respostaba de xeito que podedes leer....



Afortunadamente, como dixemos no inicio deste artigo, deuselle arranxo al esta petición quedando do xeito que podedes ver nas imaxes os arranxos efectuados para garantir a seguridade que estivo durante casi dous anos en entredito.....




NORABOA POLO TANTO A VECIÑANZA AFECTADA DA ZONA ¡¡

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO E SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario