Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 9 de abril de 2015

Ti preguntas, ti propòs, ti opinas.......eu respondo¡¡¡

NESTE LUGAR PODES POÑER A TRAVÈS DA OPCIÓN DE COMENTARIOS O FINAL DA PÀXINA TODO O QUE QUEIRAS APORTAR, PROPONER OU PREGUNTAR O CANDIDATO SOCIALISTA A ALCALDÍA DO CONCELLO DA PEROXA:


ANTONIO GONZALEZ FIUZA


Outro exemplo máis de participación e opinión da veciñanza ¡¡

Escribe as túas mensaxes con nome propio ou de xeito anónimo e será respostadas todas as túas inquedanzas.


E lembra......AGORA SÍ ¡¡¡¡ Ti decides o Concello que queres ¡¡


QUEDO A TÚA DISPOSICIÓN.......PARTICIPA ¡¡¡¡

31 comentarios:

  1. Hola. Felicidades e animo por este novo proxecto e gracias por darnos a oportunidade de falar. A miña pregunta é moi sinxela: ¿Cales van a ser os criterios a seguir para poder traballar no Concello?

    ResponderEliminar
  2. Bos días. Gracias pola túa participación. A resposta a túa pregunta é moi clara. En primer lugar publicitar esa opción, e que todo veciño ou veciña da Peroxa que poida estar interesado en algún dos postos ofertados lles chegue esa información, non tratar de agochala como ata o de agora. Despois entre os interesados cumpliremos o que marcan as leis, e decir, terase en conta a iguldade de oportunidades, o mérito e a capacidade medido en procesos limpos e transparentes. Engadiría, para rematar a todo esto, que a nosa prioridade e que os postos ofertados sexan para a veciñanza do noso Concello, atendendo tamén as súas situacións persoais e con cargas familiares debido os moitos parados existentes e a súa necesidade por atopar un traballo, cambiando as rancias políticas anteriores onde mesmo se prefería contratar persoal de concello limítrofes como sucedeu na Axuda de Fogar que contar coa xente interesada do noso propio Concello, usando formas pouco èticas. Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Buenos días. Mucha información, muchos datos, muchas fotos, noticias en prensa. Enhorabuena por vuestro trabajo, pero ¿para cuando una denuncia judicial contra muchas de esas situaciones ilegales? Gracias

    ResponderEliminar
  4. Hola. Agradezo a túa participación. En canto a túa pregunta, indicarche que xa non é a primeira vez que nos propoñen esta cuestión. Os motivos son dous: En primeiro lugar, non son partidario de xudializar a política, xa que creo que o mellor xuìzo é o que poden facer os veciños e veciñas cos seus votos. En segundo lugar, porque a política lle adicamos horas e horas, e facemos moitos kilómetros por todo o noso Concello, e polo tanto con esto quero decir que adicamoslle o tempo que faga falta e mesmo asumimos os pequenos gastos que esta labor conleva, pero o que non estamos dispostos e a gastar cartos dos nosos bolsillos para acudir a xustiza, xa que o propio PP a través do seu ministro Gallardón se encargou de facer unha xustiza no noso país só para ricos a través das elevadas taxas que hai que pagar para poder denunciar estas posibles ilegalidades. Un saudo.

    ResponderEliminar
  5. Buenos días. ¿Quienes son el resto de integrantes de tu lista para las elecciones?. Mucha suerte. Os la merecéis.

    ResponderEliminar
  6. Hola. Interesante pregunta. Hoxe domingo xustamente quedará cerrada definitivamente, polo que entenderás que todavía non se fixera pùblica, pero a vindeira fin de semana, cando teñamos todo cerrado seredes convenientemente informados todos a través das nosas canles de información. Eso sí, ten por seguro que estarà integrada por persoas con novas ideas, perfectamente preparadas para desenrolar a súa labor e con unhas gañas inmensas de traballar e de mellorar o seu Concello. Coma sempre, con novas caras e con unha mezcla de xuventude e veteranía para garantir unha boa atención a toda a veciñanza. Gracias pola tua aportación.

    ResponderEliminar
  7. Bos días.
    ¿Cales van a ser as súas primeiras medidas o chegar o Concello no caso de sair elexido?

    ResponderEliminar
  8. Hola. Gracias pola pregunta. A primeira, e sendo coherente co que veño reclamando na oposición, rebaixar dun xeito considerable o desproporcionado soldo como Alcalde, xa que como dixen en varias ocasións, estou en política sen ataduras nin compromiso con ningúen, salvo cos meus veciños e veciñas si me dan a súa confianza, e por suposto non pretendo vivir dela. A continuación analizar as situacións de emerxencia social que existen no concello e reforzar e incrementar os servizos sociais a través da posta en marcha de novos servizos para a veciñanza que os necesite. Outra das medidas a poñer en marcha dende o primeiro minuto é abrir o Concello ós veciños e veciñas, que coñezan con total transparencia todo o que sucede e onde se empregan os cartos dos seus impostos, para sair da escuridade informativa na que hoxe nos atopamos. Finalmente, e para non extenderme máis, continuar como xa fixemos dende a oposición, sendo a principal fonte de información en condicións de igualdade para todos os veciños e veciñas das subvencións as que poden optar, da publicidade e respeto total a igualdade de oportunidades para o acceso os postos de traballo que se xeneran dende as oficinas municipais, etc..... Un saudo.

    ResponderEliminar
  9. Buenos días. ¿Cuales crees que son actualmente los principales problemas del Concello?. suerte

    ResponderEliminar
  10. Hola. Pois creo que os que vemos a maioría dos veciños e veciñas....o máis grave sin duda a despoboación dos nosos pobos. Tamén o abandono e deterioro das nosas estradas tanto provinciais como municipais, as que tan só se lle fai un pequeno lavado de cara cada moito tempo. Existen outros problemas de importancia que afectan os nosos agricultores como son os danos causados polos xabaríns que estropean as colleitas. E para rematar un que está de actualidade nestes días nos que estamos de novo a loitar para a busqueda dunha solución.....o Centro de Saúde da Peroxa non pode estar tan só con un médico, xa que non se está a ofrecer unha atención sanitaria digna. Esto en canto os problemas que afectan o día a día. Tamén por suposto, como xa temos explicado en numerosas ocasións, as diversas anomalías na propia xestión que se fai dende as oficinas municipais capitaneadas por un Alcalde despreocupado e desmotivado pola realidade actual. Gracias pola túa aportación.

    ResponderEliminar
  11. Buenos días. ¿Cùales son vuestras ideas o proyectos para crear puestos de trabajo en el ayuntamiento para toda la gente que estamos en paro? Gracias, que tengáis suerte.

    ResponderEliminar
  12. Hola. Gracias por participar. Certo é que e posiblemente un dos maiores problemas do noso Concello, o elevado porcentaxe de parados, sobre todo na mocidade. Primeiramente temos que tentar rematar o gran déficit que temos de suelo industrial e poñelo a disposición das empresas interesadas en instalarse no noso Concello. Fomentar con incentivos e rebaixas de impostos propios as empresas do noso Concello que contraten a novos traballadores. Buscar para o Concello a celebración de accións formativas con saídas laborais, así como novos obradoiros de emprego nos que se poidan formar os parados/as. Colaborar coa iniciativa emprendedora de novos empresarios a través da creación de viveiros de emprego facilitando o Concello locais axeitados para o sempre difìcil comenzo de novas empresas e emprendedores. Publicitar e ofertar a toda a veciñanza os diversos e diferentes postos de traballo que surxan tanto no sector público do concello como privado nas empresas existentes no noso Concello da Peroxa, a través da creación dunha bolsa de emprego onde tódolos interesados poidan ter rexistrados os seus datos, formación, curriculum, etc.....para que sirva de referencia a posible demanda que surxa de traballadores. Un saudo.

    ResponderEliminar
  13. Realmente creeis que teneis posibilidades de ganar estas elecciones?

    ResponderEliminar
  14. Hola. Pois por suposto, para eso nos presentamos, como calquer outro dos partidos que se presentan. Nos fixemos a nosa labor como mellor soupemos e poidemos.....agora tócalle a veciñanza decidir. Sodes os veciños e veciñas da Peroxa os que cos vosos votos escolledes a xente que dirixirá o Concello. Despois de moitos anos, a veciñanza ten nas súas máns información suficiente e argumentos de peso para por fin perder o medo a buscar outras alternativas diferentes que lle den un cambio radical o xeito de facer as cousas dende o concello. Estamos perfectamente capacitados e ilusionados diante da opción de ser grupo de goberno, coa experiencia necesaria e o coñecemento suficiente do concello logo destes últimos 4 anos de traballo intenso dende a oposición. Agardamos polo tanto polo que a veciñanza decida. Moitas gracias pola túa participación.

    ResponderEliminar
  15. Bo día. Que me podes decir do posible incumplimento da lexislatura completa do Alcalde Seoane no caso se que gañe outra vez? Seica ten pensado ceder o posto.

    ResponderEliminar
  16. Hola. Esa pregunta creo que sería mellor facerlla a él directamente e que responda con sinceridade. No caso de que así fose considero que sería un grave engano a veciñanza do Concello. Si realmente ten esa intención sería moi pouco serio pola súa parte, xa que debería ir de cara e non enganar os seus votantes e colocar xa de candidato a persoa na que pense delegar. Non vamos a caer na baixeza o igual que fan eles en algúns asuntos recientes de interès de deixarnos levar polos rumores. O Alcalde ten que ser elexido e votado polos electores e non colocado a dedo por ninguén. De todas formas, agardamos non deixar que esta opción suceda, e si contamos co apoio maioritario dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa espero ser eu o Alcalde a partir do 25 de maio, e comprometerme a cumplir os 4 anos de mandato previstos. Gracias pola túa pregunta.

    ResponderEliminar
  17. Buenos noches. ¿Cuales serán vuestras propuestas para la mejora del Ayuntamiento y sobre todo de las vidas de sus vecinos?. Gracias por vuestro trabajo durante estos 4 años. Por fin tenemos una oposición visible y activa.

    ResponderEliminar
  18. Hola. Gracias pola túa interesante pregunta.
    As liñas a seguir están ben claras:
    Abrir o Concello a veciñanza, que o vexan como un lugar de colaboración e axuda para a mellora dos seus servizos reclamando os seus dereitos e non vir a buscar favores.
    Total transparencia nos acordos, investimentos e actuacións que o Concello realice, a disposición da veciñanza e das persoas interesadas.
    Traballar cos principios básicos de publicidade e igualdade de oportunidades nos diversos procedementos de selección de persoal e acceso os postos de traballo.
    Creación e mellora dos servizos sociais para unha mellor atención a cada veciño e veciña dos nosos pobos.
    Fomentar a participación veciñal a travès das diversas e diferentes asociacions na vida social, económica e cultural do Concello, incluso a través da elaboración duns Orzamentos Participativos para que se propoñan proxectos e actuaciòns necesarias para a veciñanza.
    Dar un potente impulso a actividade social e cultural no Concello a través das diversas actividades que tamén sirvan para unha mellor convivencia.
    Promocionar a nosa terra e os nosos productos con eventos de repercusión para poñer en valor a nosa riqueza patrimonial, cultural, paisaxística e gastronómica.
    Gracias polo teu apoio.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  19. Bos días, gustaríame que me respostaras a unha pregunta da que eu teño dudas e moita xente descoñecemento.
    ¿Còmo se fai para escoller o Presidente da Deputación de Ourense?
    ¿Inflúen os votos que facemos nos ayuntamientos?

    ResponderEliminar
  20. Hola. Moi boa pregunta. Certo é que non se explica ou non interesa explicar como funciona a elección tanto dos deputados provinciais como do presidente da Deputación.
    Este proceso está marcado polos votos obtidos por cada partido segùn os Partidos Xudiciais, e decir, no noso caso da Peroxa estamos no Partido Xudicial de Ourense xunto con outros moitos concellos....ourense, barbadas, pereiro, coles, amoeiro, nogueira.......e escollense un número de diputados representativo de cada partido en funcion dos votos, eses diputados son logo os que elixen o presidente da Deputación. Lòxicamente o partido que màis deputados ten é o que elixe o Presidente da súa formación.

    Polo tanto, claro que contan e moito os votos do noso Concello da Peroxa para a elección do presidente da Deputación.
    Eso indica que cando se vota o PP na Peroxa, tamén se está consolidando a continuación da dinastía Baltar na Deputación que tanto dano lle fixo a esta provincia, colocandoa no último lugar de toda España.

    Moitas gracias pola túa interesante aportación.

    ResponderEliminar
  21. ¿Crees que a prensencia da candidatura do BNG vos pode beneficiar ou perxudicar?
    Sorte e ánimo que creo con sinceridade que o voso momento chegou.
    Firmado: un votante do PP cansado das mentiras e triste polos lamentables movementos que se están cociñando.

    ResponderEliminar
  22. Bo día. Disculpa pola tardanza na resposta, pero neste días a axenda está completa.
    A opción de voto e de alternativas a veciñanza nunca pode perxudicar nun sistema democrático. A xente debe ter opcións onde escoller e decidir o seu voto.
    Agora ben, sí è certo que si votamos a vista atrás as últimas elección municipais do 2011 os votos obtidos polo BNG no noso Concello non llle deu para acadar ningún concelleiro.
    Entendemos que coa dificultade que xa ten conseguir a confianza da cidadanía facendo un bo traballo, como humildemente creo que fixemos os concelleiros socialistas nestes 4 anos na oposición, vexo que resultaría moi difícil que o BNG obtivese de novo concelleiro algún, xa que a esto hai que engadirlle que o disminuir o número de concelleiros de 11 a 9, agora necesitarían o dobre de votos que sacaron fai 4 anos, e como digo, sin ter presencia no concello nin actividade algunha durante 4 anos é unha misión moi remota.

    Polo exposto, creemos que a veciñanza analizará a situación e escollerá a súa opción de voto entre as únicas dúas forzas políticas con opcións reais de ter representación.

    Gracias polos ánimos e pola túa sinceridade. È para nós unha ledicia atopar xente que por fín se dé conta do que sucede no seu concello realmente.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  23. Boas tardes.
    Recibimos con agrado e con ilusión a vosa información un ano máis no boletín xunto co programa electoral.
    Quero felicitarvos por unha excelente publicación como é a comparativa dos impostos nos concellos limítrofes.
    Veñen a confirmar que temos os impostos máis caros e unhos dos peores servizos.

    A pregunta e si xa que publicades eses datos vades a baixar os impostos?

    Bo traballo o que estades a facer.

    Moita sorte.

    ResponderEliminar
  24. Boa noite. gracias polo apoio e celebramos que sexa do voso agrado.

    O tema de baixar ou non os impostos todo vai depender de cal sexa a realidade da economía do concello. Agora mesmo os datos oficiais indican unha débeda de máis de 300.000€.
    Dende o goberno se indica sempre que temos anualmente superavit e un remanente dunha cantidade similar, pero descoñecemos o estado do pago a proveedores e de outros datos de interès que debemos coñecer e que nunca son facilitados polos nosos mandatarios.

    A idea principal é a mellora dos servizos e infraestructuras, e unha vez analizado o estado real do concello en canto as súas contas se refire valorarase esa opcion.

    gracias por participar

    ResponderEliminar
  25. Hola. Lin o voso folleto e programa para estas eleccións e teño unha duda cando falas de limitar os anos de mandato a un prazo razonable....¿que plazo è ese para tí?
    moita sorte.....e ainda máis votos.

    ResponderEliminar
  26. Hola. Pois tendo en conta a complexidade da tramitación na administración local e a posta en marcha de varios proxectos a largo plazo creo que unha boa xestión se pode facer en 8 ou como máximo 12 anos, que creo, dito sexa de paso, debería ser xa obrigatorio por lei.
    que ilusión e ambicion pola mellora do seu concello pode ter unha persoa que leva máis de tres décadas de goberno?
    Seica pretende, no caso do noso candidato do PP facer agora o que non fixo en todo ese tempo.
    Hai que ter caradura para seguir prometendo a casa da cultura, o parque empresarial, o saneamento......
    Gracias por participar
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  27. Buenos dias. No mitin do venres do PP na Peroxa o Alcalde facía referencia a que recibìa pola vosa parte ataques persoais ante a vosa ineficacia para competir políticamente contra él.
    ¿Cal é a vosa opinión sobre esto, e a que ataques se refería?
    Gracias.

    ResponderEliminar
  28. Boa noite. Gracias pola túa pregunta, pero creo que igual concretabamos máis facendolla a él directamente xa que non estivemos no mitin e non sabemos a que se refire.
    Politicamente creo que en cada pleno que é o lugar de debatir e acordar, as súas resposta fora de lugar e o seu descoñecemento en moitos dos asuntos alí tratados amosan claramente en qué posición quedou cada quen.
    Un Alcalde que por exemplo, non era coñecedor que unha infraestructura como era unha autovía iba pasar polo seu concello deixa ben as claras a súa capacidade política, e sobre todo de xestión.
    Se entende por "ataques persoais" a publicación na prensa dalgúns artigos sobre millonarias subvencións a negocios familiares ou cobros por alquileres en pisos ocupados pola administración da Xunta de Galicia, xa comentamos en varias ocasións, e él ben sabe tamén que esa información non saiu da nosa Agrupación, senón de algúns dos seus propios "compañeiros" do PP en Ourense.
    Falando de ataques persoais, non vou a entrar en detalle, pero creo que debería votar a vista atrás e recordar as súas actuacións contra a miña persoa en cuestións laborais, así como publicar na prensa local que a culpa de perder 2 concelleiros por só dous habitante (pola súa negación a escoitar as nosas advertencias), que a culpa era miña por non ter censado antes a miña parella e filla, revelando neste caso datos persoais e facendo uso dos medios e información existente no concello........ESO NON SON ATAQUES PERSOAIS??
    TAL VEZ DEBERÍA MIRARSE ANTES O SEU OMBLIGO ANTES DE FALAR.

    Moitas gracias por participar.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  29. Hola.
    Despois da humillación que sentimos algúns despois de ver como con total impunidade o alcalde se permite a licencia de usar as redes sociais do concello co seu nome para fins electorais cando en todo este tempo están totalmente desaparecidos en cando a información se refire e vendo que poucos usuarios protestan, supoño que como sempre por medo.
    ¿vades actuar dalgunha maneira contra este despropósito?

    ResponderEliminar
  30. Bos días.
    Algunha actuación si se fixo, pero o mellor remedio teñeno os veciños e veciñas o domingo co seu voto. Actitudes como esta son as que non podemos permitir no noso concello, que se usen e aproveiten do nome e dos servizos do concello en beneficio propio.
    Alegando a uns problemas técnicos.....por favor ¡¡¡¡ Todos os que manexamos estas redes sociais tivemos esa advertencia e a obriga de pasar dun perfil a páxina, as consecuencias era que había que volver a contactar coa xente para que nos seguiran.
    No seu caso vendo o escaso seguimento no seu perfil de agrupacion política decidirían usar e seguir publicando aproveitanto os moitos seguidores que tiña o Concello (por certo, con moitas baixas que non permitiron este insulto).
    O que non é de recibo é que se use o nome do candidato do PP.
    Esta é a realidade do funcionamento do teu concello.......pretenden meternos os dedos nos ollos.

    Gracias por participar.

    Un saudo.

    ResponderEliminar