A eliminatoria resolverase na Semana Santa, coa ida o Xoves día 2 as 17:00 no Campo do Marco e a volta o Domingo 5 no Couto as 17:30.
Polo tanto, todos debemos acudir a apoiar e disfrutar do que seguro será un gran espectáculo dentro e fora do campo, onde se agarda unha das mellores entradas e ambiente da historia do noso clube, coa visita de gran número de aficionados da UD OURENSE que está a realizar unha espectacular e merecida campaña, para colocar ese novo equipo donde lle corresponde a unha cidade como a nosa de Ourense.
Os equipos BENXAMIN E PREBENXAMIN do A PEROXA CF, tamén disputarán un Torneo en Santa Cruz de Arrabaldo coa seguinte programación:
Horarios para o Xoves día 2 do equipo PREBENXAMIN:
http://arrabaldo.es/web/?p=2897#more-2897
Horarios para o Sàbado dìa 4 do equipo BENXAMIN:
http://arrabaldo.es/web/?p=2888#more-2888
Tamén dentro do fùtbol base celebrase no Campo do Marco un Campus durante os días 2,3 e 4:
Unha lástima que non se ofrecera colaboración e comunicación algunha por parte do Concello da Peroxa para a celebración deste evento, xa que moitos dos posibles participantes nestas datas xa tiñan comprometida a súa participación no citado Torneo de Arrabaldo, como tampouco se tivera en conta desconto algún no prezo para a gran maioría de xogadores doutros concellos limítrofes que loitan, xogan e defenden o escudo do clube que representa o Concello da Peroxa por toda a provincia dentro do fùtbol base.
En fin......cada un que saque as súas propias conclusións de como funciona o seu Concello¡¡¡
No mundo do Atletismo, os representantes do PEROXA RUNNING participarán como cada fin de semana levando o nome do Concello nalgunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que maioritariamente será en Quiroga.
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
Tamén temos que comunicar unha actividade para os màis peques este Sàbado 4 no Polideportivo da Peroxa:
E como remate.....non podía faltar o evento cultural que novamente o BAR1984 deletará os seus clientes, desta vez coa participación dun espectacular e afamado mago TETO que fará as delicias dos máis cativos ata os màis veteráns.
APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE......PARTICIPA NAS ACTIVIDADES INFANTIS.....E DISFRUTA DA PROGRAMACIÓN CULTURAL QUE ORGANIZAN PARA TÍ ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario