Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 30 de abril de 2015

Actividade deportiva na fin de semana do 1, 2 e 3 de maio de 2015

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos:


A PEROXA C.F. - S.D.C. ARRABALDO:  Domingo 3 as 17:00 no campo do Marco. 

AMOEIRO C.F. - ATL. PEROXA: Domingo 3 as 17:15 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F. "B" - SALAMONDE C.F.: Domingo 3 as 19:00 no campo do Marco. 

C.D. LA PURISIMA - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 2 as 17:00 no campo da Universidade.

A PEROXA C.F. INFANTIL - RIBEIRO C.F.: Domingo 3 as 11:00 no campo do Marco.

MONFORTE C.F. - A PEROXA C.F. BENXAMINSàbado 2 as 10:00 no campo do Luis Bodegas de Monforte.

S.D.C. ARRABALDO "B"- A PEROXA C.F. PREBENXAMIN Sàbado 2 as 12:00 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.


OS PEARES FS - HNOS. CARRAL:  Sàbado 2 as 19:30 no pabellón dos Peares.


Os compoñentes do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=5&year=2015



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario