Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 28 de enero de 2015

Novidades no blog

Pouco a pouco e paso a paso seguimos a mellorar e ampliar a información que proporcionamos a toda a veciñanza do concello, e a tódolos lectores en xeral neste blog.

Engadimos nos menus da parte dereita, dous enlaces de interese para os nosos veciños e veciñas sobre información que preocupa.

No apartado de enlace interesantes engadimos un a páxina onde se publican os resultados dos análises da auga dos diferentes puntos de abastecemento do noso Concello, onde vemos como lamentablemente faltan moitos datos, xa que son poucos os pobos onde aparece información, que debería ser actualizada e de referencia para o coñecemento de todos e todas.

Sirva como exemplo, que unha das últimas peticións de resultados que fixemos o Concello e a empresa responsable por escrito sobre os análises da auga do pobo de Corbell, ante as moitas dúbidas plantexadas pola veciñanza, a resposta por parte da empresa foi que consultàramos esta páxina web.....PERO OS DATOS DESTE POBO NON ESTÁN INDICADOS ¡¡¡

http://sinac.msssi.es/CiudadanoWeb/ciudadano/informacionAbastecimientoActionEntrada.do 

Outro enlace de interés é o xornal La Voz de Galicia, que dende o día de onte fixo un apartado específico das noticias e información de cada concello de Galicia, onde podemos atopar o que se refire o noso da Peroxa.


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/a-peroxa/ 

Agardamos que sexan do voso interès estas dúas novas ferramentas informativas, e que unha vez máis somos pioneiros en trasladas e por en coñecemento de TODA A VECIÑANZA.

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario