Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 19 de enero de 2015

Convocatoria de subvencións e axudas..... e un aviso importante ¡¡¡¡

Hoxe luns 19 de xaneiro o DOG publicou duas interesantes convocatorias para a poboación interesada.

A primeira delas é a convocatoria de Axuda ao alugamento de vivendas, da que tedes completa información no enlace seguinte, e que no caso de cumprir os requisitos e estar interesados tedes ata o 20 de febreiro para solicitalas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150119/AnuncioC3Q2-090115-0002_gl.pdf 

Outra convocatoria que debemos destacar é a que se publica para os clubes deportivos e agrupacións deportivas escolares, onde tamén hai de prazo para os interesados ata o vindeiro 20 de febreiro, e onde tedes a convoctoria, requisitos e documentación no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150119/AnuncioG0244-090115-0002_gl.pdf 


O MESMO QUE SUCEDEU CON CONVOCATORIAS ANTERIORES E EN DIFERENTES ÀMBITOS, QUEDAMOS A VOSA DISPOSICIÓN PARA CALQUER DÚBIDA OU AXUDA PARA A TRAMITACIÓN E SOLICITUDE DAS MESMAS, COMO XA FIXEMOS CON VARIOS VECIÑOS OU ASOCIACIÓNS QUE SOLICITARON A NOSA COLABORACIÓN.


Tamén queremos dar un aviso importante e informar a veciñanza afectada dos cambios na sintonización das novas frecuencias nas canles da TDT dos nosos televisores.

O VINDEIRO MÈRCORES 21 TERÁN LUGAR ACTUACIÓNS NO CENTRO EMISOR DE MONTE DA PENA QUE OCASIONARÁ O CAMBIO DAS FRECUENCIAS EN VARIAS DAS CANLES DE TV. 

POR TAL MOTIVO, TEREMOS QUE RESINTONIZAR COS MANDOS OS NOSOS TELEVISORES PARA SEGUIR RECIBINDO A NOVA SINAL E MANTER ASÍ AS CADENAS HABITUAIS.

OS POBOS AFECTADOS SON OS SEGUINTES:

Armental - Entrambosrios - Pazos - Regolevado - Alemparte - Corbelle - Vilar de Corbelle - Codesedo - Pitón - Saa - Fiestra - Barrela - Goiás - Fontao - Conchouso.


UNHA VEZ MÁIS FIEIS OS NOSOS COMPROMISOS....... SEGUIMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO CONCELLO DA PEROXA....
INFORMACIÓN SIN FILTROS, SIN CENSURAS E PARA TOD@S ¡¡¡

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario