Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de junio de 2013

Oportunidades de traballo na Peroxa.......¿para todos?

Confiabamos e desexabamos non ter que escribir este artigo sobre este asunto, pero unha vez dende o Concello de A Peroxa continúase a facer a mesma política caciquil e de favoritismos en perxuizo dos dereitos e oportunidades en igualdade de condicións de toda a veciñanza.

Sobre todo nos tempos que vivimos, onde as oportunidades laborais escasean, denunciamos que cando existe algunha oportunidade laboral a través do Concello sexa coñecida por tod@s.

Esta moi ben a labor que se está a facer a través das redes sociais do propio Concello, ainda que con anos de retraso, cando xa outros levábamos tempo INFORMANDO PARA TOD@S, en igualdade de condicións a toda a veciñanza, sen ocultar información importante.

Pero temos que criticar e denunciar públicamente que dentro dos anuncios de actos, actividades e actuacións que acomete o Concello, TAMÉN SE PUBLICITEN AS OFERTAS DE TRABALLO QUE SURXAN DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS, para que todos os veciños e veciñas do Concello interesadas poidan participar en igualdade de oportunidades e non ESCOLLER entre tan só uns privilexiados, que teñen o mesmo dereito que todos, pero non MÁIS ¡¡¡¡

Estas manifestacións veñen a conto xa que este ano, voltando a sistemas antigamente empregados, volveranse a ter Brigadas Municipais contra incendios, coa creación dende os Concellos das mesmas, coa elección dos seus integrantes dende as oficinas municipais.

Sería bo que poideran ter opción a traballar os meses que correspondan todalas persoas interesadas, e dentro das peticións, crear un sistema de selección o máis xusto posible, como se está a facer noutros concellos limítrofes.

Seguramente a resposta a este artigo por parte do Sr. Alcalde para eludir as súas responsabilidades e como responsable directo desta decisión de elexir " a dedo", sexa que se disculpe argumentando que a elección se fará dende a Mancomunidade, certo, pero onde cada concello propón os seus "candidatos".

Unhas políticas que no noso Concello da Peroxa xa son coñecidas dende fai moitos anos, onde uns teñen máis "mèritos" que outros, polo tanto calquer desculpa pola sua parte serà xa inútil, carente de credibilidade.

Sirvase como exemplo tamén.........¿a cantos veciños da Peroxa se lles ofreceu ou diu a oportunidade de traballar como socorrista na piscina municipal nos meses de verán que permanecerá aberta??

Habería uns cantos candidatos que tamén reunirian as condicións e máis non terán esa oportunidade ¡¡¡

RESUMINDO...¿ ALGÚN USUARIO HABITUAL E SEGUIDOR DAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO DE A PEROXA VIU PUBLICADAS ESTAS OFERTAS DE TRABALLO???

¡¡¡¡¡¡ NON  ¡¡¡¡¡¡

 .....È REALMENTE O TIPO DE ACTUACIÓNS QUE AGARDAS DO TEU CONCELLO??

 ¡¡¡ TÌ DECIDES ¡¡¡ TES NA TÚA MÁN A POSIBILIDADE DE CAMBIALAS ¡¡¡¡


Voltando o tema das Brigadas de Incendios Municipais, indicar que  gran parte dos Concellos de Galicia se opoñen a esta medida, dado a grande responsabilidade que se deixa non Concellos polas eleccións duns traballadores en moitos casos con pouca ou nula preparación ou experiencia.
Agardemos que non suceda ningún incidente de gravidade por non ter previsto con antelación suficiente por parte da Xunta e dos Concellos esta situación e poder ter formado os candidatos durante un tempo prudencial.


Unha nova da prensa que reflexa o exposto no final do artigo....

http://www.eldiario.es/galicia/brigadas-municipales-prende-alarmas-incendios_0_140336360.html


SEGUIREMOS INFORMANDO E DENUNCIANDO AS ACTUACIÓNS DO CONCELLO DE A PEROXA E DOS SEUS MANDATARIOS ¡¡¡¡¡¡

E lembra.......

O ùnico noso interese e que toda a poboación teña información e igualdade de oportunidades.





2 comentarios:

  1. esdesnos decindo que os señores de Coles e de Amoeiro que decides que regalan transparencia, liberalismo, igualdade, bo facer e non sei cantas cousas mais
    resulta que enchufan a xente das brigadas.
    Viva os oscurantismo, a falsedad e o engaño

    ResponderEliminar
  2. Unha opinión discrepante como outras que respetamos pero non compartimos. Ademáis escudandose en que os veciños o fagan mal non pode servir de escusa para que nos o fagamos peor. Cada un terá as súas virtudes e defectos coma todos, pero o que non é discutible e que a maior parte da poboación deses concellos sabe e coñece a oferta para as brigadas, cousa que na Peroxa eso parece impensable, e iso é o que nos reclamamos......INFORMACIÓN PARA TODOS¡¡¡¡ Gracias pola túa opinión.

    ResponderEliminar