Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Resumo do pleno celebrado no Concello de A Peroxa o 29/11/2012.

A continuación e seguindo a liña informativa da nosa Agrupación Municipal sobre os asuntos tratados no Concello de A Peroxa, resumimos o que foi o interesante pleno recentemente celebrado, onde se abordaron cuestións importantes para a veciñanza.

Seguindo o esquema segundo a orde do día os asuntos tratados e os acordos foron os que siguen:

No Punto 1 aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No Punto 2, como è preceptivo se nos informou da disponibilidade dos decretos da Alcaldía dictados dende o pleno anterior, os cales examinamos nas oficinas municipales o mesmo día 29 pola maña, sen atopar nada interesante que reseñar.

No Punto 3, aprobouse tamèn por unanimidade a continuidade no Convenio Marco de Cooperación coa Deputación Provincial para a Recollida de  Residuos Sòlidos Urbanos.

No Punto 4, que trataba de modificacións de ordenanzas fiscais, logo de debater sobre as cuestións plantexadas e tras informarnos por parte do Alcalde da súa intención de subir as tasas correspondentes os Servizo de Axuda a Domicilio, argumentando que un dos motivos da elevada suba era para incluir a 5 persoas máis que había en lista de espera, os membros da nosa Agrupación cuestionaron a medida xa que novamente se bota sobre os veciños e veciñas uns incrementos de tasas sobre un servizo esencial básico, con subas que segundo o baremos de ingresos se situán en porcentaxes moi elevadas. O Alcalde manifestou que a suba por hora non era cuantiosa xa que os que agora pagaban 2,69 euros por hora de servizo agora pasaràn a pagar...4,5. Os que pagaban 3,17 agora pagarán 6€.....Nos elevamos estes custos por hora a meses e os que pagaban mensualmente 17,75 agora incrementase a tasa ata os 29,70€ (12€ máis cada mes) e os que aboaban 29,70 agora pasan a 52,80 (23€ màis cada mes). Tendo en conta a baixa cuantía das pensións e agora agravado co COPAGO farmaceútico.....temos un novo exemplo de castigo os petos dos máis necesitados.
Novamente expuxemos que como è posible que se propoña esta suba cando nos acaban de presentar uns datos econòmicos do 2011 onde manifestaron que se cerrou o exercicion cun "sobrante" de màis de 300.000€, e este incremento que soportaran as familias da Peroxa tan só suporía para o Concello 4.000€ que serán os que teñan que pagar os usuarios deste servizo.

Neste punto tamén se propuxo a suba de tasas para o servizo municipal de gardería, cunha subas tamén moi significativas tamén segundo os ingresos familiares. Aquí novamente o Sr. Alcalde voltou a manifestar o negro futuro deste servizo municipal, unha vez máis amparado na escasez de nenos que usan este servizo e alegando que è un custo moi elevado para o concello. Non se contempla nunca o fomento de uso destes servizos, sempre se escudan na falta de usuarios para argumentar un desexado peche.

A nosa Agrupación neste punto non emitiu o voto favorable por todo o exposto.

Para máis información sobre estes temas no seguinte enlace a paxina do concello podedes comprobar as ordenanzas actuais tanto no Servizo de Atención no Fogar como  no Punto de Atención a Infancia:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=4UarxbImIExSkiJiFIiYhg

Este punto da orde do día tamén tivo a súa repercusión na prensa local:

http://www.laregion.es/noticia/233761/peroxa/precio/servicios/ayuda/domicilio/

No Punto 5, aprobouse publicar segundo o procedemento legal establecido as ordenanzas que aprobaron os membros do Partido Popular sobre as suba das Tasas nos servizos tratados no punto anterior.

No Punto 6, por unanimidade aprobouse a declaración de crédito "non dispoñible" o correspondente a eliminación da Paga extra dos traballadores municipais, segundo o dictaminou o goberno de España do Sr. Rajoy. Unha partido orzamentaria que queda " a espera" de novas instruccións.

No Punto 7 estaba previsto segundo a orde do dìa o turno de rogos e preguntas, pero aquí segundo a proposta do portavoz socialista indicando que segundo a normativa vixente (punto 4 do artigo 91 do ROF), este punto debe pechar os puntos da orde do día, acordouse facelo así.

No Punto 8, presentamos a seguinte moción por parte da nosa Agrupación Municipal Socialista:


Acordamos solicitar a aprobación desta moción para a supresión da paga extra do Sr. Alcalde, e empregala en axudas para os escolares do Colexio por ser unha actuación sobre un dos considerados servizos sociais do concello, como ben podería ser invertida en calquer outro servizo de axuda ou mellora municipal.

Amparamonos no tema econòmica, unha vez máis segundo os datos que nos presentan do estado de contas do concello, manifestado en varias ocasión, nunha delas recollida na acta dun pleno anterior como amosamos:


Tamén sobre o debate desta moción argumentamos que compañeiros seus de partido seguiran unha actuación similar nos seus concellos.....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/11/08/alcalde-concejala-san-cibrao-donan-paga-extra-libros-texto/0003_201211G8P14993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Tamèn lembramos que outros que él critica habitualmente como son o de Amoeiro ou de Coles (do PSOE), tamén actuaron nese sentido.

O noso Concello tamén ten para estes fins, unha ordenanza para establecer subvencións, que podedes consultar picando no enlace correspondente na sede electrónica do concello:

 http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=0xRPqRucE4ttMD4-fDSlQw

Neste punto o Sr. Alcalde manifestou que SÌ RENUNCIA A SÚA PAGA EXTRA, pero que a invertirá no que èl decida, non en axudas os escolares do noso colexio o non consideralo necesario. Tampouco quixo manifestar cal será o seu destino, unha vez máis facendo uso do seu OCULTISMO informativo e falta de TRANSPARENCIA. Agardemos ter noticias o respecto pronto.
A nosa Agrupación Municipal aceptou as condicións, indicandolle que agardamos que a inversión da súa paga sexa en servizos necesarios para o Concello e non en CAPRICHOS persoais.

 No Punto 9, tratouse unha proposta feita pola nosa Agrupación Municipal Socialista:



Nesta proposta argumentamos que formando parte do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, onde nos Puntos b) e e) do artigo 5 dos seus estatutos indica que unha das súas funcións e "Potenciar e desenvolver actuación e actividade en materia turística e por en valor o sector turísco das zonas de cada concello".


Amosamos o Cartel do citado Circuito de Probas:


Reitermos a grande afición por parte de moitos dos nosos veciños e veciñas neste tipo de probas desprazándos incluso a varios puntos da propia provincia a competir.

O Sr. Alcalde alegou inicialmente que estas probas eran moi custosas na súa organización, pero que de todas formas consultaría esta posibilidade cos responsables das organizacións.

Neste mesmo punto de escritos e comunicación aprobouse por unanimidade un escrito dirixido a Subdelegación do Goberno de Ourense solicitando máis presencia de forzas de orden público no noso concello debido ao gran aumento de actos delictivos recentes, como son os moitos roubos en vivendas e negocios do Concello.

Este acordo tamén tivo repercusión na prensa local:


Finalmente e como xa ben indicamos anteriormente rematamos co punto de Rogos e Preguntas:

Comenzamos con 2 rogos:

-Rogamos a subsanación do apagado dunha farola de alumeado público na entrada do pobo de Gulfariz onde afecta a varios veciños, quedando a zona a escuras completamente.
Neste rogo o Sr. Alcalde manifestou que fora un erro do electrecísta e que se reporá en breve.

-Tamén neste servizo de alumeado rogamos un cambio no apagado da farola de Gueral que se atopa na carretera, fronte as escaleiras, usadas polos veciños principalmente cando van ou veñen da parada o bus. Solicitan se volva repoñer e apagar a seguinte por ese camiño de acceso o pobo.
O Sr. Alcalde aquí manifestou que o mellor sería apagalas todas nese camiño xa que NINGUÉN transita por èl.......
Triste comentario por certo¡¡¡¡¡


Esta è a farola cuestionada.

 
No tocante as preguntas, as feitas por escrito foron as seguintes:



Como resposta a pregunta 1 sobre a proba de BTT:

O Sr. Alcalde logo de "divagar" e argumentarse con datos sobre as visitas feitas a pàxina da proba, o número de visitas e algúns datos máis que expuso e que nin él mesmo sabía do que falaba, respostou que o orzamento total foi de 2800 Euros, dos cales o Concello aportou 2.200€ e recibiuse unha subvención da Deputación de Ourense de 600€ ¡¡
Comparativamente resulta curioso que aquí o Concello nun só día gastou máis de 2000€ mentras non quere afrontar 4000€ que lle custa o Servizo de Atención no Fogar os nosos veciños e veciñas.

Lembramos imaxes relativas a esta proba:





Como resposta a pregunta 2 sobre deficiencias en Toubes:

 O Sr. Alcalde manifestou que o problema está arranxado, certo é que sí pero non como dí èl por xestión suas senòn pola insistencia dos veciños tras varias chamadas as oficinas municipais sen serén atendidas ata que os membros da nosa Agrupación se interesaron xunto cos veciños polo problema.




Non se contempla a limpeza do tanque.





 Como resposta a pregunta 3 sobre deficiencias Campo Feira Vello da Peroxa:


O Sr. Alcalde recoñece as deficiencias enumeradas e comprometeuse a buscar a principios do ano vindeiro unha mellora ampla desta zona a través dalgunha subvención.







Como resposta a pregunta 4 sobre deficiencias camiño Pousada:


O Sr. Alcalde manifestou non ter constancia desa anomalía, cando segundo testimonio dos veciños xa foi avisado (en epoca electoral) o concelleiro responsable desa zona, con chamada "in situ" directamente o Sr. Alcalde supoñemos que facendo o típico paripé, pero o fin e o cabo, peticiòn nunca atendida.
Situación que se comprometeu a arranxar rápidamente para evitar males maiores.


Como resposta a pregunta 5 sobre alegacions non respondidas:

Nesta pregunta o Sr. Alcalde manifestou e informou o noso compañeiro de agrupación de Gulfariz que terán próximente unha xuntanza para tratar o tema e tentar de arranxar as demandas.
Aquí prodúciuse un debate sobre a normativa existente que os veciños reclaman para que os contadores sexan colocados en cada vivenda e non centralizados nun punto alonxado como se acostumaba a facer no noso Concello. O Sr. Alcalde manifestou en nome do Concello que faría o máis interesante para o concello e non o que os veciños quixesen.
Lembramos que en obras recentes noutos puntos do concello sí se instalaron nas fachadas das vivendas individualmente como marca a normativa o respecto:



Como resposta a pregunta 6 sobre espello en Toubes:



O Sr. Alcalde queixase do continuo deterioro deste espellos e o gran gastos que ocasiona para o concello, pero que tentará de buscarlle unha solución.


Como resposta a pregunta 7 sobre acordos non realizados:

O Sr. Alcalde manifestou que non sabía porqué todavía está si colocar a baranda de Graíces, nin o tema da auga da fonte.
Sobre o das vivendas explicou que seguen traballando no tema.
Sobre os trámites de tráfico indicou que xa funciona, e nos lembramoslle que debería publicitar este servizo no concello polos pobos a través dos bandos correspondentes e mesmo na Web do concello e dixo que así se faría.

Finalmente rematamos con algúnha pregunta oral:

Preguntamos sobre o asfaltado pendente da obra do Conchouso e manifestou que están agardando a que mellore o tempo para que sexa máis efectiva e duradeira.



A mesma resposta sobre a nosa pregunta de cando se inician os traballos de mellora e asfaltado de varias vias de comunicación do Concello segundo as axudas do plan de Infraestructuras de Medio Rural.



Ata aquí o resumo deste interesante pleno.

Seguimos cumprindo os obxetivos adquiridos de traballar para a mellora do concello a traves das nosas propostas, mocións, preguntas, etc, e de facerlle chegar os nosos veciños e veciñas a información e acordos tomados no Concello.


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario