Trasladamos os nosos representantes no parlamento as anomalías que se estaban a producir na paralización da instalación do Circuito Biosaludable que hoxe se atopa instalado no campo da Feira novo da Peroxa.
A subvención levaba xa adxudicada varios meses e os aparellos permaneceron durante moito tempo "aparcados" no poliderportivo da Peroxa co conseguinte perigo para os seus usuarios xa que estaban na grada.
A nosa inquedanza trasladouse a través das preguntas que siguen os responsables da Xunta a través do seguinte escrito:
"CASUALMENTE" ........3 días despois da presentación do presente escrito instalouse o citado Circuito para use e desfrute dos veciños e veciñas do concello que queiran facer uso del.
Con estas accións as nosas inquedanzas e preocupacións pola mellora dos servizos do concello quedou unha vez máis de manifesto.
SEGUIREMOS TRABALLANDO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario