Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Resumo da visita a parroquia de Gueral.

O pasado sábado 24 de novembro os membros da nosa Agrupación Municipal Socilista de A Peroxa visitaron a parroquia de Gueral dentro da actividade periódica de visitas os nosos pobos e parroquias denominados "SABADOS COA VECIÑANZA".

Comenzamos a visita a parroquia no pobo de Corbelle, un pobo onde están empadroadas 41 persoas. Reunimonos con varios veciños e veciñas no local social onde nos expuxeron a situación actual do pobo, demandas non atendidas, e necesidades en xeral.

Posteriormente percorremos o pobo, un pobo grande pero que por desgraza, e como outros tantos do concello comenza a estar deserto de veciños e veciñas, pois poucas persoas residen a diario.

Unha da demandas plantexadas foi a petición de arranxo da pista que vai cara San Ciprián e que parte xunto a Capela. Xa teñen trasladado esta petición o Sr. Alcalde pero ata agora non foi atendida. Pista transitada para o acceso tamén a moitas fincas.


Tamén se solicita a mellora dalgúns baches existentes na carretera que une o pobo coa nacional de Lugo, onde nos podemos atopar con buratos diante mesmo do local social...


Tamén hai deterioros nesta mesma vía preto da nacional, e ademáis existe un punto onde as augas das choivas fan que se arrastre terra cara a via ocasionando inconvenientes os conductores, que se poderían solucionar coa mellora das cunetas.

A situación do parque infantil do centro do pobo tamén é mellorable....


Interesamonos tamén pola recente obra de abastecemento de auga feita polo concello, onde poidemos comprobar a correcta ubicación dos contadores nas vivendas.


O cercano pobo de Vilar de Corbelle onde hai 4 veciños empadroados non nos desprazamos xa que recentemente estivemos nel durante a campaña pasada de autonómicas e xa tivemos conversa con algúns dos veciños que alí residen, demandando un arranxo no asfaltado da deteriorada via de acceso o centro do pobo, así como da limpeza das beirarúas.

Finalmente visitamos Gueral, donde temos empadroadas a 29 persoas, onde tamén percorremos o pobo acompañados de algúns veciños que nos fixeron chegar demandas que enumeramos seguidamente:

Solicitan o cambio no apagado do alumeado público, solicitase que se encenda de novo a da carretera diante das escaleiras que suben cara o pobo e se apague a seguinte neste mesmo camiño, dado que polas escaleiras e por onde acceden por exemplo dende a parada cercana de autobús.


Neste mesmo camiño que vai cara o pobo solicitase un arranxo dado que os veciños indican que agora coas xeadas e humidades existentes faise resbaladizo e moi perigoso para unha caída, mesmo algunha veciña tivo que deixar de usalo e rodear pola outra entrada do pobo por ese medo a unha caída onde poida facerse dano.


Nesta mesma zona amosamos o estado mellorable do lavadoiro...


Tamén se solicita o arranxo da marquiña da parada do autobús que ten un dos cristais rotos e está no chan co perigo que eso supón.

Estas necesidades son en liñas xeraís as demandas polos veciños desta parroquia, demandas asumibles polos responsables municipais, os cales llas faremos chegar a través das canles axeitadas.

Agardamos pois, solucións a estes problemas expostos.

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN ¡¡

SEGUIMOS A VOSA DISPOSICIÓN E TRABALLANDO PARA A VECIÑANZA ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario