Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Deficiencias importantes no Concello

Continuamos amosando neste blog exemplos de como é a realidade a diario do noso concello, con situacións onde se reflexa o abandono ò que este goberno municipal somete os nosos veciños e veciñas.

Levamos xa tempo sufrindo a ausencia total de actuacións municipais en canto a arranxo de problemas plantexados polos propios veciños ou mesmo pola nosa Agrupación Municipal.

Actuacións na maior parte dos casos sinxelas e onde o tema económico non pode ser a escusa para que non se arranxen para mellorar os servizos e as condicións de vida dos habitantes do concello.

Aquì vos deixamos 3 imaxes que son fiel reflexo da realidade exposta:


EXTERIORES DO POLIDEPORTIVO DE CORBELLE.
CREEMOS QUE NON È A MELLOR SITUACIÓN DESTA INSTALACIÓN ONDE O LIXO E MALEZA INVADE XA PARTE DOS TERREOS QUE DENDE O CONCELLO DE A PEROXA CONSIDERAN COMO UNHA "INSTALACIÓN DEPORTIVA".


ESTADO NO QUE SE ATOPA UN BANCO NO CAMPO DA FEIRA VELLO DA PEROXA, INUTILIZABLE E OXIDADO DENDE XA FAI MOITOS ANOS.

ESTA FOTO COMPLETAMOLA COA SEGUINTE NO MESMO LUGAR ONDE O VALADO ESTÁ DETERIORADO CO PERIGO CONSTANTE PARA OS VECIÑOS DO POBO, ESPECIALMENTE PARA NENOS E MAIORES, CUN PERIGO DE CAÍDA EVIDENTE.

SITUACIÓN NA QUE O CONCELLO PARECE MIRAR PARA OUTRO LADO, NON SABEMOS SI AGARDANDO ALGÚNHA DESGRACIA PERSOAL.

NESTE MESMO LUGAR CADA DÍA DE FEIRA APARCAN MOITOS DOS VISITANTES QUE VEÑEN DISFRUTAR DA NOSA GASTRONOMÍA E NON CREEMOS QUE SEXA A MELLOR IMAXE QUE SE PODEN LEVAR DO NOSO POBO.

POR ESTE E POR OUTROS MOTIVOS E POLOS QUE SOLICITAMOS O ARRANXO URXENTE DESTA E DOUTRA ANOMALÍAS. ASÍ LLO FAREMOS CHEGAR POR ESCRITO O SR. ALCALDE.



SEGUIMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario