Pasadas xa as eleccións autonómicas deste pasado domingo queremos dende esta Agrupación Municipal, como non podía ser doutro xeito, felicitar os membros, votantes e simpatizantes do Partido Popular polos resultados obtidos.
Tamén queremos aproveitar a ocasión para AGRADECER o excelente traballo feito polos membros dos socialistas da Peroxa, tanto na campaña electoral como no longo día de eleccións formando parte das mesas electorais existentes no noso Concello. Unha labor voluntaria e triste polos resultados acadados, pero orgullosos polo bó traballo feito.
Dende agora mesmo estamos xa traballando no seguinte obxetivo que se nos presente, loitando por defender os nosos ideais e axudando os veciños e veciñas da Peroxa a conseguir unha mellor calidade de vida no seu Concello..
Non podemos rematar sen agradecer a colaboración os votantes socialistas do concello de A Peroxa nestas eleccións.
Moitas gracias a todos e todas e lembrade que seguimos traballando por vós ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario