Logo de percorrer os pobos do concello, coa correspondente publicidade do noso candidato, de visitar os veciños e veciñas, de falar con eles e explicarlle os nosos proxectos chegou o acto central no noso concello.
Aproveitando a feira do SABADO DÍA 13 DE OUTUBRO os socialistas percorreremos dende as 11:30 a Feira da Peroxa.
Contaremos coa presencia do Secretario Provincial dos Socialistas Ourensans e número 3 da lista das autonómicas, o compañeiro RAUL FERNANDEZ e do tamén integrante da mesma ELADIO OSORIO.
Ademáis deste percorrido pola feira, as 13:00 teremos un xantar coa presenza de varios cargos provincias do partido, coa presenza dos compañeiros e compañeiras de Coles e Amoeiro, cos seus alcaldes a cabeza e cunha visita estelar que será para nos un placer e unha honra ter no noso concello a.........
JESÚS CALDERA
Este compañeiro socialista è un dos políticos máis queridos e apreciados pola súa labor na etapa socialista no goberno da nación.
Foi Ministro de Traballo e Asuntos Sociais dende o ano 2004 e na lembranza de todos está a sua gran xestión o fronte deste ministerio.
Foi Jesus Caldera que subio o salario mínimo, aprobou unha reforma laboral consensuada, reformou a Seguridade Social, foi impulsor e creador do Estatuto de Autónomos, aumentou o permiso de paternidade de 4 a 15 días, creou o cheque nacemento de 2.500 euros que millòns de españois cobramos, puxo en marcha a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia de Xènero, etc.
Pero a súa maior conquista social e de benestar foi a posta en marcha da ASISTENCIA A TRAVÈS DA LEI DE DEPENDENCIA, da que millóns de persoas se beneficiarion e melloraron a súa calidade de vida, entre eles moitos dos nosos veciños e veciñas do concello de A Peroxa, hoxe tristemente olvidada e recortada por Rajoy e Feijoo.
Polo tanto, un auténtico luxo que este salmantino visite o noso concello.
TODAS AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR NESTES ACTOS DO SÁBADO 13, BEN SEXA NA VISITA A FEIRA OU NO XANTAR POSTERIOR COA PRESENZA DAS ILUSTRES PERSOAS NOMEADAS PODEN POÑERSE EN CONTACTO A TRAVÈS DAS CANLES HABITUAIS, E-MAIL, TF, OU CON CALQUER MEMBRO DA AGRUPACIÓN.
DISFRUTA DO DÍA DOS SOCIALISTAS DA PEROXA ¡¡
ACOMPAÑANOS.....
O 21 DE OUTUBRO......È O MOMENTO.....O MOMENTO DUN PRESIDENTE SOCIALISTA, DUN OURENSÁN COÑECEDOR E AMANTE DO NOSO CONCELLO.....È O MOMENTO DE VOTAR PSdeG-PSOE........È MOMENTO DE.......
PACHI VÀZQUEZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario