Como ben informamos no seu momento, as obras paralizanse pola falta de tramitación das expropiacións a pesares das continuas informacións enganosas por parte do noso Alcalde onde manifestaba que as expropiacións non eran un problema e a obra continuaba.....pois parece que unha vez máis voltouse a equivocar nas súas previsións. Incluso se atreveu a manifestar que as fixera él persoalmente cos veciños e veciñas de Coles en reunións particulares e "privadas". LAMENTABLE ¡¡
Na seguinte información que vos deixamos a continuación veredes no estado que está actualmente.....a Deputación todavía na sesión do 24 de febreiro acordaba pedir a Urxencia do procedemento a Xunta de Galicia para realizar as expropiacións que o Sr. Alcalde afirmou estaban acordadas cos veciños e veciñas de Coles.
Na citada información comprobaredes o apoio do Grupo Socialista na Deputación así como a súa petición de axilidade no procedemento para dunha vez por todas acabar esta obra retrasada anos e anos polo pasotismo dos nosos mandatarios no Concello e na Deputación.
Asimesmo, sorprende a falta de apoio a esta inciativa por parte do grupo do BNG.
Destacamos tamén o "novo" prazo de execución marcado.....ANTES DO ANO 2013 ¡¡
PELEXAREMOS E INSISTIREMOS PARA QUE ASÍ SEXA.
SEGUIREMOS INFORMANDO...
No hay comentarios:
Publicar un comentario