Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 11 de abril de 2012

ESTAS AFECTADOS POLAS "PREFERENTES" ?

A pregunta feita así para moita xente resulta descoñecida, pero para outros moitos afectados soanos moi cercana. As "preferentes" e outros productos similares afectan a miles de galegos, moitos todavía o descoñecen. Son productos que ofreceron as entidades bancarias para depositar os aforros da xente. Uns productos que ofrecían como solventes e seguros, como "plazos fixos" , que hoxe nos atopamos que non podemos dispoñer dos nosos cartos. Unha situación preocupante para moitas familias que precisan dos cartos para superar esta difícil e longa crise.

As entidades bancarias, entre as que destaca en Galicia Novagaliciabanco, anteriormente Caixanova colocou infinidade deste productos, e os clientes non son conscientes todavía da gravidade da situación porque ainda non foron a pedir os seus cartos. Agora a situación agravouse porque deixaron de ingresar os intereses que producían periódicamente eses cartos.

En comarcas doutras provincias como poder ser na zona de Vigo os afectados están unidos para defender os seus intereses, pero en zonas como en Ourense, principalmente no rural a movilización é nula.

Por este motivo e a modo informativo comunicamosvos que HOXE MÉRCORES DÍA 11 AS 20:00 NA AULA DE NOVAGALICIABANCO NA SEDE DA ALAMEDA, os directivos do Banco ofreceran unha charla informativa os afectados.

Agardemos que logo desta reunión nos poñamos todos a loitar pola devolución dos nosos cartos para superar esta grave situación. Así como unirnos a asociación de afectados que se creou en Ourense e que aquel que esté interesado lle facilitaremos os datos de contacto.

A repercusión desta situación que se fixo na prensa, podedela visualizar nos seguintes enlaces que vos deixo a continuación onde escollemos algúns significativos entre outos moitos que se publican e se publicaron:

http://www.abc.es/20120320/economia/abci-participaciones-preferentes-bancos-201203161325.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/07/galicia/1333829140_987541.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/03/22/banca-llego-colocar-preferentes-clientes-analfabetos/0003_201203G22P35991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/04/10/novagalicia-pone-servicio-centralita-apoyo-clientes-preferentes/0003_201204G10P319910.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Logo de "analizar" a situación.....INFORMATE, ÚNETE E DEFENDE O QUE É TEU ¡¡

Moitos afectados descoñecen a súa situación e outros moitos ainda coñecéndoa non se queren dar a ver por vergoña da situación.....pero a miña opinión é que non hai máis vergoña que non loitar polos teus dereitos ¡¡

Recordade que non somos delincuentes......SOMOS VÍCTIMAS ¡¡

PONTE EN CONTACTO CONNOSCO PARA MÁIS INFORMACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario