Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 20 de abril de 2012

NON DEIXAN NADA ¡¡

Aplicando as políticas de referencia de Rajoy e de Feijoo onde os recortes e a supresión de servicios é a súa principal característica, o noso concello segue a liña marcada polos seus referentes.

Van quitando servizos e actividades paulatinamente e deixándonos nunha situación de desamparo e soledade no concello que fai que a única actividade que nos quede sexa tomar o sol e contemplar a paixase.

Esta vez foi o servizo de ximnasia que se prestaba nos pobos, tan demandado polos veciños e veciñas, así como o peche do Ximnasio Municipal os poucos meses de inauguralo logo de gastar unha millonada na súa apertura.

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no concello solicitamos os responsables municipais que restablezan esa actividade, que non se escusen coma sempre na falta de cartos cando son servizos municipais básicos e necesarios para a veciñanza.

Cada día suben máis os impostos e temos menos servizos ¡¡

Tal vez con algunha rebaixa do desproporcionado soldo do Alcalde e algún concelleiro máis se podería manter este servizo. Trátase de pensar un pouco máis na vida dos veciños e veciñas e non tanto nas ambicións económicas e persoais.

Na seguinte imaxe a nosa Moción para restablecer o servizo entregada no rexistro do Concello para ser debatida e votada no seguinte pleno......


NO VINDEIRO PLENO COMPROBAREMOS O INTERÉS QUE TEÑEN OS NOSOS MANDATARIOS POLO PROBLEMAS E NECESIDADES DOS VECIÑOS ¡¡

SEGUIREMOS DEFENDENDO OS NOSOS SERVIZOS ¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario