Aplicando as políticas de referencia de Rajoy e de Feijoo onde os recortes e a supresión de servicios é a súa principal característica, o noso concello segue a liña marcada polos seus referentes.
Van quitando servizos e actividades paulatinamente e deixándonos nunha situación de desamparo e soledade no concello que fai que a única actividade que nos quede sexa tomar o sol e contemplar a paixase.
Esta vez foi o servizo de ximnasia que se prestaba nos pobos, tan demandado polos veciños e veciñas, así como o peche do Ximnasio Municipal os poucos meses de inauguralo logo de gastar unha millonada na súa apertura.
Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no concello solicitamos os responsables municipais que restablezan esa actividade, que non se escusen coma sempre na falta de cartos cando son servizos municipais básicos e necesarios para a veciñanza.
Cada día suben máis os impostos e temos menos servizos ¡¡
Tal vez con algunha rebaixa do desproporcionado soldo do Alcalde e algún concelleiro máis se podería manter este servizo. Trátase de pensar un pouco máis na vida dos veciños e veciñas e non tanto nas ambicións económicas e persoais.
Na seguinte imaxe a nosa Moción para restablecer o servizo entregada no rexistro do Concello para ser debatida e votada no seguinte pleno......
NO VINDEIRO PLENO COMPROBAREMOS O INTERÉS QUE TEÑEN OS NOSOS MANDATARIOS POLO PROBLEMAS E NECESIDADES DOS VECIÑOS ¡¡
SEGUIREMOS DEFENDENDO OS NOSOS SERVIZOS ¡¡