Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 27 de diciembre de 2011

Subvencións interesantes convocadas pola Xunta de Galicia.

Nestes días convocaronse por parte da Xunta de Galicia algunhas subvencións que poideran resultar de interés:

No DOG do venres 23 de decembro convócanse axudas para clubs deportivos:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111223/AnuncioC3C1-221211-10164_gl.pdf

No DOG do martes 27 de decembro a convocatoria de axudas é para a renovación de equipos de iluminación interior:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111227/AnuncioO3G1-201211-10105_gl.pdf

Outra que poidera resultar interesante, publicouse tamén o martes 27 de decembro e trátase da axuda para as persoas inquilinas arrendadas dentro do Plan Aluga:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111227/AnuncioC3Q2-211211-10145_gl.pdf


Reiteramos como en anteriores ocasión que a través das canles habituais de comunicación connosco podedes consultarnos calquer dúbida en canto a información sobre as subvencións convocadas así como solicitude para a súa tramitación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario