Como xa é habitual, un ano máis poñemos aquí neste blog o que consideramos a inocentada informativa do ano......
Como non podía ser doutro xeito, a mesma extraese das declaracións do noso Alcalde enganando novamente os veciños e veciñas do concello cunha ilusionante noticia publicada e manifestada en Xaneiro do 2011, onde declaraba nos Peares que a "Ponte sobre o Miño" sería unha realidade a finais do ano 2011 (pois quedanche 3 días para cumprir a túa promesa); asimesmo na mesma noticia tamén facía referencia a construcción inmediata do novo Centro de Saúde tamén para Os Peares....aquí si que as obras van avanzadas e a bo rítmo (xa foron capaces de traer as casetas das obras e fixeron o valado do terreo).
Sr. Alcalde e Sr. Feijoo, non enganen máis os seus "queridos" veciños que sinceiramente creo que non son merecedores deste desprezo hacia o seu pobo (poden tomar exemplo dos seus novos gobernantes en Madrid que "prometeron" decir sempre a verdade ¿?), ainda que creo que eso non se debería prometer senón simplemente facelo ¡¡
No seguinte enlace tedes a "triste inocentada" na prensa, con data 19 de xaneiro de 2011:
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/15/0003_8966037.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego
Dende a nosa agrupación municipal xa reclamamos ante as administracións implicadas en varias ocasións a construcción destas obras paralizadas polos incumplimentos do Sr. Alcalde da Peroxa e o Sr. Feijoo, e seguiremos insistindo ata acadar por fin que se fagan realidade para a mellora dos servizos no noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario