Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 29 de diciembre de 2011

CAMPAÑA DE AFILIACIÓN 2012

Unha vez reconstituída e reforzada a presencia da Agrupación Socialista no Concello de A Peroxa; feitas dúas campañas electorais importantes no 2011; celebración de varios actos conxuntos; visita e presencia de cargos relevantes do partido en diversos actos; representados tódolos pobos e parroquias do concello a través dos membros da candidatura as municipais pasadas; aumentado o número de simpatizantes e colaboradores dos socialistas da Peroxa; unha vez consultados e tomado decisións importantes na elección de cargos do partido na provincia; tomadas decisións trascendentais para os vindeiros congresos previstos, e  por enriba de todo traballado arreo pola defensa e mellora dos servizos dos veciños e veciñas do concello e con gañas de seguir crecendo e defendendo as nosas ideas:

Invitamos a tód@s os/as que queiran afiliarse o noso partido a través da Agrupación Socialista da Peroxa que poden facelo a través das canles de comunicación habituais, así como avisando a calquer membro ou colaborador da mesma.

Tamén podedes formar parte da agrupación como colaboradores e participar nos diferentes actos e actividades que se desenrolamos.

Queremos que a familia Socialista da Peroxa aumente en número e tamén en calidade para traballar por uns ideais e por un concello que necesita da presencia e da colaboración de todos. Unha agrupación democrática e aberta as aportacións de todos e todas, onde todo o mundo suma e representa os intereses dos veciños e veciñas do concello que están a loubar e agradecer o noso traballo.

Agardamosvos para un ilusionante proxecto de futuro, para traballar, colaborar e participar activamente da vida política do noso concello.

Anímate e únete a nós ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario