Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Seguimos loitando e defendendo os nosos servizos

Novamente a agrupación municipal socialista de A Peroxa loita por defender os dereitos dos nosos veciños e veciñas do concello diante dos continuos ataques que a Xunta do "veciño" Feijoo acomete día tras día.

A nosa agrupación no concello ven de presentar duas mocións importantes para mostrar o noso rexeitamento os recortes que afectan o noso concello.

A primeira delas mostra o noso rotundo rexeitamento o posible peche das urxencias sanitarias no PAC de Coles. Os nosos veciños e veciñas non poden quedar sen este servizo imprescindible para unha atención sanitaria digna e acorde coa situación xeográfica. O seu peche conlevaría que todas as urxencias terían que desprazarse a Ourense, así como tamén o servicio urxente no domicilio por parte do médico a enfermeiro que hoxe están en Vilarchao. Sería un trastorno e un recorte imcomprensible para o noso Concello e os limítrofes.
Defenderemos esta moción no seguinte pleno o que quedades todos convidados e que anunciaremos oportunamente, así como, solicitamos tamén o apoio do grupo de goberno no concello do PP (que por certo, en Coles rexeitaron e estaría dacordo co máis que posible peche).

Esta é a moción presentada e as nosas peticións para que esto non ocurra:



A outra moción presentada refírese o recorte que tamén a Xunta fixo no noso concello da aportación do Plan Concertado para a atención dos servizos sociais.
Esto fai que este servizo que atende os nosos veciños, especialmente os maiores, se vexa recortado nunha moi importante cantidade que fai que se vexan privados deste servizo nunhas condicións mínimas de garantía.
O recorte pode afectar tamén as persoas contratadas para levalo a cabo posto que o concello tería serías dificultades económicas para poder asumir con fondos propios este "estacazo" as nosas arca municipais.
Dende a agrupación socialista de A Peroxa, como fixeron outros concellos de Galicia, reclamamos a Xunta a restitución destes cartos o noso concello para garantir estes servizos.
Novamente solicitaremos o apoio do grupo do PP como xa se fixo no pleno da Deputación onde o propio Baltar criticou duramente estes recortes da Xunta de Feijoo.

En relación con este tema ilustramos con varias noticias esta situación; primeiramente o cinismo e a hipocresía con que trata esta situación o propio Feijoo na propia paxina da Xunta onde falta completamente a verdade nunhas tristes e fora da realidade declaracións:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/17063/feijoo-afirma-que-goberno-galego-segue-cumprir-cos-concellos-avanza-elaboracion

Os alcaldes do PP nun primeiro momento debido a campaña electoral non se manifestaron contra esta medida pùblicamente (ainda que si privadamente mostrando o seu claro descontento e rexeitamento). Pero pasadas as eleccións xa comenzan a manifestarse....

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/11/22/0003_201111A22C5993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

No hay comentarios:

Publicar un comentario