Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 15 de noviembre de 2011

A campaña socialista na Peroxa

Este sábado día 12 tivo lugar o acto central da campaña das xerais no noso concello; desta vez a presenza de cargos do partido de apoio no noso concello pódese calificar de espectacular: Rosa Conde (ex-portavoz do Goberno), Pablo Garcia (secretario de organización galego), Laura Seara (candidata ao Congreso), Miguel Fidalgo (candidato ao Senado), Raul Fernandez (secretario provincial), Jose Arcos (candidato ao Congreso), Maria Quintas (deputada galega e secretaria provincial de organización), Eladio Osorio, Teté........acompañando os membros da agrupación local de A Peroxa e os nosos militantes.

Un acto centrado na visita o noso concello e unha comida na feira onde degustaron os nosos típicos productos, que por certo, quedaron maravillados coa nosa gastronomía.

Dende a nosa agrupación foi todo unha honra recibir apoio de persoas tan importantes dentro do PSOE o que sirve de impulso para seguir pelexando polas nosas ideas e principios para o noso concello.

Esta foi a foto de familia....



VOTA PSOE ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario