Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Comenzou a campaña para as eleccións Xerais 2011

Xa estamos novamente diante dunha campaña importante e decisiva para o país. Unha campaña dura e difícil onde teremos que decidir entre a política dos recortes do PP, ou a loita para manter os servizos e prestacións sociais básicas do PSOE, entre abaratar a contratación do PSOE ou abaratar o despido do PP, entre manter a sanidade e a educación pública e gratuita do PSOE ou a privatización e o copago do PP, entre "premiar" o aforro do PP ou que as entidades financieiras paguen máis polos seus beneficios multimillonarios do PSOE, entre manter e ampliar as prestacións de desemprego do PSOE ou "revisar" estas prestacións do PP, entre rematar o AVE a Galicia do PSOE ou o "depende" do remate desta obra vital para a nosa comunidade do PP, entre que paguen máis os que máis teñen do PSOE ou impostos iguais para todos do PP.......resumindo.......entre o home e o partido que rematou coa violencia de ETA ou o partido que usou o terrorismo como arma política para chegar o poder...., entre o futuro do PSOE ou a volta e retroceso o pasado en canto a leis importantes para os nosos dereitos que quere abolir o PP..............

TÍ ELIXES O FUTURO QUE QUERES ¡¡

Aquí tedes a foto da candidatura da provincia de Ourense a estas eleccións xerais onde teremos representación do noso concello coa inclusión nesta lista do portavoz dos socialistas na Peroxa en recoñecemento o bo traballo que se está a facer dende a nosa agrupación na loita por un concello mellor e defendendo día a día os dereitos iguais para todos dos nosos veciños e pobos.



No seguinte enlace de prensa teredes información completa da lista de candidatos por Ourense:

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/09/25_01.htm


Dende a nosa agrupación municipal solicitamos o teu apoio e o teu voto a esta candidatura ¡¡


VOTA RUBALCABA.......VOTA PSOE ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario