Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 4 de octubre de 2011

RUBALCABA en Ourense

Este vindeiro domingo desde as 11:00 no recinto de Expourense teremos o acto que marcará o pistoletazo de saída para a pre-campaña do 20N.
Temos o privilexio de contar con noso candidato aquí na cidade para expor os cidadáns un programa de goberno axeitado as necesidades que agora mesmo necesita o país, lonxe de recortes sociais e de privilexios para os máis poderosos.
Agardamos a túa presenza neste importante acto onde se farán as presentacións oficiais das candidaturas respectivas ao Congreso e Senado.
Se algún veciño desexa asistir e non conta con medios pode poñerse en contacto con calquer membro do partido socialista da Peroxa, que pasaremos a recollelo no seu domicilio.

Aquí tedes o cartel anunciador do acto:


No hay comentarios:

Publicar un comentario