Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de octubre de 2011

Opinando, debatindo, decidindo e votando ¡¡

Como ben indica o titular da noticia, catro adxetivos dos que dende a agrupación municipal socialista da Peroxa nos sentimos orgullosos de que se respeten dentro dun partido democrático e onde todos temos voz e voto.
Tras unhas semanas de noticias fóra de lugar e cheas de manipulación dende a prensa local onde se informaba dun proceso de listas o Congreso e o Senado turbulento, queremos indicar que dende a nosa agrupación fóron totalmente transparente e respetando a opinión da maioría da provincia, por suposto, con opinións e apoio diversos como ben debe ser nun partido democrático onde se conta coa opinión dos militantes e afiliados.
Partimos dunha asamblea local onde os afiliados da nosa agrupación decidimos e votamos as persoas que queríamos que nos representaran nas citadas listas, libremente e sen condicionantes de ningún tipo (outras formacións non poden decir o mesmo, porque ou ben xa non lle interesan as súas opinións ou directamente se nombran polo dedo do XEFE).
Posteriormente, os nosos representantes debatiron, opinaron e votaron noutra asamblea provincial de onde sairon uns resultados que posteriormente foron ratificados polos órganos do partido.
Ademáis creemos que o debate e a votación era elexir a orde nas listas entre dúas candidatas que xa demostraron sobradamente a súa valía e traballo por esta provincia. Seguro que serán duas diputadas moi traballadoras polas suas xentes.

Queremos indicar tamén o apoio do partido na provincia para a nosa comarca e concello, facéndose notar a boa liña de traballo que estamos a realizar dende a agrupación municipal na defensa dos intereses dos veciños e por tal motivo comunicamos que o portavoz da nosa agrupación integrará tamén as listas o Congresos dos Deputados. Unha grande noticia para unha agrupación municipal renovada, xoven e con gañas de seguir traballando, unha boa motivación e un recoñecemento a un traballo dun grupo ambicioso.

Foto da presentación das candidaturas no mitin de Rubalcaba en Ourense onde acudimos en grande número dende a nosa agrupación no apoio do noso candidato.




A foto seguinte corresponde a asamblea provincial onde se acordou e aprobaron as listas.



Na noticia seguinte indican o acordo do partido para as lista, así como os candidatos definitivos:


A Voz de Galicia coma sempre enredando e manipulando a información....

Repetimos e indicamos que agradecemos a oportunidade que nos da o Partido Socialista de Galicia de poder opinar e decidir libremente.

A mesma noticia reflexada noutro medio de comunicación local...


Finalmente lembramos que tras este proceso todos os membros do partido na provincia traballaremos arreo e conxuntamente para obter os mellores resultados posibles nunha eleccións decisivas para o futuro do país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario