Cando parecía que un verán máis volvíamos a librarnos da grande lacra dos incencios, onte de madrugada declarabase un importante foco na zona de Mirallos-Casarizas-Gulfar.....que arrasou unha boa extensión no monte, así como fixo perigar unha fábrica de madeira. Orixinouse de madrugada e con varios focos que nos fai pensar na sua autoría intencionada como outros tantos.
Lamentamos e condenamos actuacións deste tipo e agardemos nos se volte a producir no noso concello nin ningún outro, para erradicar dunha vez por todas este perigo que nos ronda cada verán.
A noticia reflexada na prensa no seguinte enlace:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=948605
Animamos a tódolos veciños a denunciar calquer tipo de acción sospeitosa neste senso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario