Por qué ?
Aproveitando esta famosa pregunta con caracter futbolístico nos preguntamos porque case ningún xornal galego, nin televisión ou radio difundiron con claridade esta noticia onde a Xunta do "austero" Sr. Feijoo tenta eliminar dereitos os nosos dependentes, para complicarlles a súa prestación ou suprimirlla directamente como quere facer cos falecidos.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Consultivo/tumba/aplazamiento/pago/atrasos/dependientes/elpepiautgal/20110601elpgal_6/Tes
Afortunadamente o Consello Consultivo Galego negoulles a aplicación dun novo decreto onde non ían máis que poñer trabas para os nosos dependentes, e como xa indicamos quería suprimir o dereito o cobro para os beneficiarios unha vez que falecera o dependente, ou como eles querían xustificar esta medida ampliando o prazo para o dereito a cobro de 2 a 5 eternos anos.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Benestar/dice/respetara/informe/Consultivo/elpepiautgal/20110602elpgal_6/Tes
Noticias coma estas son as que temos que transmitirlle os nosos veciños e veciñas para que coñezcan realmente a dobre cara do Sr. Feijoo e a súa Xunta....din unha cousa e fan xusto o contrario: recortan cada día máis dereitos dos cidadáns.
Este é outro exemplo máis da súa cobardía política, recortan cada día máis os nosos dereitos e logo culpan a outros da súa nefasta xestión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario