Analizando o gráfico destacamos varios puntos:
1º- A estabilidade no nº de concelleiros do PP nos últimos anos.
2º - A desaparición do BNG da corporación tras moitos con representación.
3º- O PSOE acada un histórico 3º concelleiro.
O seguinte gráfico indica a evolución e o número de votantes de cada partido.
A interpretación que facemos do gráfico anterior e a seguinte:
O PP a pesares de seguir disminuíndo o número de votos mantén uns votantes suficientes para a maioría absoluta
O BNG foi o partido máis castigado neste proceso electoral onde perdeu un gran número de votos, que fixo que perdese a representación no concello.
O PSOE foi o único partido que incrementou o seu número de votos con respecto as anteriores eleccións, a pesares dunha situación a nivel xeral moi complicada e co risco que supoñía tamén o cambio de candidato tras moitos anos.
Consideramos estes uns bos resultados como punto de partida de cara a próxima cita electoral e cunha base sólida de preto de 400 veciños que confiaron en nós para a súa representación.
O noso obxetivo é defender os intereses de todos os veciños e trasladar o concello as súas pretensións.
Vixiaremos as actuacións municipais e denunciaremos as posibles irregularidades e inxustizas que se cometan.
Para información de todos e todas, e para que fagades uso dos vosos dereitos e trasladedes as vosas peticións a corporación municipal (a calquer concelleiro, que para eso estamos ahí e non personalizando sempre na figura do Sr.Alcalde), aquí tedes o nome dos 11 concelleiros ata o 2015:
1. Manuel Seoane
2. José Manuel
3. Sema
4. José Omar
5. Susana
6. Odilo
7. Fernanda
8. Feijoo
9. Toño
10. Rocío
11. Artemio
Unha vez máis o ofrecemento pola parte que nos toca dos 3 concelleiros do noso grupo para calquer veciño que precise en calquer tema. Estamos a vosa completa disposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario