Este pasado sábado constituiuse a nova corporación municipal do concello de A Peroxa para os vindeiros 4 anos.
Pola que a nosa formación respeta so nos queda agradecer unha vez máis a confianza que moitos veciños depositaron en nos para defender os seus intereses, intereses que defenderemos por igual para tódolos veciños, independentemente da súa ideoloxía.
Unha vez máis nos poñemos a disposición de calquer veciño ou asociación para atender os seus problemas ou inquedanzas para trasladalos o concello en busca dunha solución axeitada.
A nosa liña a seguir será a de colaboración en todo o beneficioso para o concello e os seus veciños, de información a todolos veciños por igual dos acordos que se leven a cabo nos plenos ou en outros organos municipais, aportacións e iniciativas para mellorar a calidade das nosas xentes e por suposto críticas e denuncias enerxicas ante as moitas irregularidades que se cometeron e cometeran no Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario