Nestes días vimos es diferentes xornais unha noticia que para moitos pasou desapercibida completamente e que realmente é moi negativa para o noso futuro.
Moito se está a falar da subida da luz, do gas, dos combustibles, etc....estou dacordo de que son subidas impopulares e dolorosas para os nosos bolsillos, pero por culpa de malas xestións de hoxe ou do pasado, necesarias.
A noticia da que vos falo é que o SERGAS, seguindo coa súa liña cara a privatización da sanidade (uns dos obxetivos do Sr. Feijoo), vai cobrar polos servicios das ambulancias ¡¡, si señor, cobrar polos nosos dereitos a gratuidade da sanidade....vergoñento ¡¡, e todo isto cunha norma agochada nun decreto.
Calquer persoa que faga uso das ambulancias, para ir as consultas, tratamentos médicos, traslados entre centros, vai ter que pagar.
Haber si dunha vez por todas non concienciamos e realmente protestamos e nos queixamos por cousas realmente importantes e que moitos queren agochar.
Lede aquí a noticia:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sergas/abre/puerta/cobrar/traslados/ambulancia/elpepiautgal/20101221elpgal_3/Tes
No hay comentarios:
Publicar un comentario