Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Datos estatísticos do noso Concello

Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver datos detallados sobre o noso concello. Moitos deles moi negativos como os da poboación infantil e xuvenil, nacementos ou un dos máis graves, a falla de empresas con postos de traballo para os nosos veciños e a perda constante na agricultura e gandeiría, unha dos pilares durante anos da nosa economía.
Todo isto resultado dunha política sen ambición, negativa e perxudicial para o noso concello por falta de inversión en infraestructuras, en axudas para o campo, servicios sociais para maiores e para a infancia, etc, etc, etc...

http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=-1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D32059

Os datos parecen dun concello perdido no medio da nada, e non dun que está a 15 minutos da capital e cunha materias primas e unha beleza fora de toda dúbida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario