Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 28 de diciembre de 2010

A nosa inocentada de hoxe 28 de decembro de 2010

Como non podía ser doutro xeito nun día coma o de hoxe, axeitado para facer bromas, imos aportar a nosa, pero non de colleita propia, senón unha das moitas que podemos sacar das palabras do noso alcalde, que unha vez tras outra nos engana con promesas e prazos irreais para obras básicas e dexesadas o longo de moitos anos polos nosos veciños......como a nosa carretera "nova", (aproveito para felicitarlo por poñer novamente, e non sei xa cantos van, outro cartel anunciador do inicio das obras....¿?). Ollade esta perla:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

A principios do 2011?.....ja, ja, ja.......
O citado cartel anunciador creo que prevé un prazo de 18 meses para finalizar as obras.....¿dende cando?: dende a colocación do cartel? dende o inicio das obras? ....BASTA XA DE ENGANOS ¡¡

Aquí vos deixo outra boa noticia: lembrádesvos cando na Peroxa (e outros lugares non afectados tamén para facer bulto), se recolleron sinaturas para quitar as bandas rugosas da carretera na Barra?, si home, esa folla que che ofrecían para asinar o tempo que tomabas o café nos bares.

Pois ben, pouco tempo despois esa obra fíxose e as bandas tan brutas iniciais que colocaron, foron sustituidas por otras axeitadas e menos molestas........Tendo en conta que están convencidos que foron polas súas sinaturas (cando xa estaba previsto facía tempo atrás), porqué non iniciamos agora outra recollida de sinaturas por algo verdadeiramente interesante: QUE SE FAGA UNHA CARRETERA DIGNA PARA O NOSO CONCELLO,  e non do século pasado (como en algúnha ocasión recoñeceu o noso citado alcalde).

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/18/0003_8114184.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario