Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 19 de octubre de 2018

Actividade na fin de semana do 20 e 21 de outubre de 2018

No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:

No fútbol rexional:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F Domingo 21 as 17:30 no Campo de Arnoia.


No futbol base:

A PEROXA C.F. BENXAMIN - OURENSE C.F. "C": Sàbado 20 as 12:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - LOÑOA: Sàbado 20 as 16:30 no Campo do Marco.

ARNOIA - ATL. PEROXA: Sàbado 20 as 16:30 no Campo de Pontedeva.


O representanto no fútbol sala, o equipo OS PEARES F.S. terá xornada de descanso.


Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Aquì temos que informar xa da apertura das inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡

Toda a información no enlace seguinte:





Finalizamos no eido deportivo co anuncia dunha proba no veciño Concello de Coles, onde, seguramente participarán moitos veciños e veciñas do noso concello polo gran seguimento e participación que teñen estas probas....



Anunciamos actividades pròximas a súa realización e para as cales xa podes anotarte...








No eido festivo dispoñemos do cartel da tradicional festa para a cal te convidamos a participar e divertirte ¡¡



E comenzan tamén as datas dos nosos participativos magostos, dos cales, como cada ano, vos damos cumplida información.....


Aquí o anuncio do de Toubes con un moi orixinal cartel ¡¡



Acércase tamén a celebración do Samaín, e un ano máis, o local de hostelería da Peroxa BAR IVARI prepara xa a súa festa...



Finalmente, e ante a falta de actividade cultural no noso Auditorio, por un goberno municipal anclado no pasotismo, temos que anunciar para os grandes amantes do teatro do noso concello, a programación que fan os veciños do Concello de Coles no seu Auditorio, cheo de "vida e actividade" cada fin de semana....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario