Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 11 de octubre de 2018

Actividade na fin de semana do 12, 13 e 14 de outubro de 2018

No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F - C.D. ALLARIZ:  Domingo 14 as 17:00 no Campo do Marco.


No futbol base:

A.D. BOSCO "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 13 as 12:00 no Campo de Salesianos.

PABELLÓN C.F. "C" - A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 13 as 11:00 no Campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - S.D. NOGUEIRA: Domingo 14 as 11:00 no Campo do Marco.



No fútbol de veteráns non teremos competición.


Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Aquì temos que informar xa da apertura das inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡

Toda a información no enlace seguinte:




Unha nova semana temos que publicar o éxito dun dos nosos deportistas dentro do deporte do atletismo, e novamente os parabéns son para ADRIÁN RODRIGUEZ, que acada un novo e meritorio segundo posto....





No futbol sala o representante do concello terá tamén xornada de descanso pola ponte festiva.


Finalizamos no eido deportivo co anuncia dunha proba no veciño Concello de Coles, onde, seguramente participarán moitos veciños e veciñas do noso concello polo gran seguimento e participación que teñen estas probas....



Anunciamos actividades pròximas a súa realización e para as cales xa podes anotarte...





No panorama festivo toca anunciar unha festa enxebre e tradicional como é a da REBADAIRA 2018 EN GULFARIZ ¡¡





COA SÚA TRADICIONAL CEA A QUE DEBES ANOTARTE E PARTICIPAR¡¡



Outra destacada festa é a que se celebrará mañá venres 12 festividade do Pilar en Peares ¡¡




Tamén dispoñemos do cartel doutra tradicional festa para a cal te convidamos a participar e divertirte ¡¡



E comenzan tamén as datas dos nosos participativos magostos, dos cales, como cada ano, vos damos cumplida información.....


Aquí o anuncio do de Toubes con un moi orixinal cartel ¡¡



Finalmente, e ante a falta de actividade cultural no noso Auditorio, por un goberno municipal anclado no pasotismo, temos que anunciar para os grandes amantes do teatro do noso concello, a programación que fan os veciños do Concello de Coles no seu Auditorio, cheo de "vida e actividade" cada fin de semana....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario