Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 25 de enero de 2018

Un grave problema....

O título é ben expresivo do problema que imos a tratar neste artigo, e que ten relación coas recentes publicacións, tanto da prensa local, como da propia Televisión Autonómica na reportaxe feito no noso Concello da Peroxa, sobre a GRAVE problemática dos danos que ocasiona o xabarín.

A prensa local así recollía a noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/01/16/vecinos-peroxa-abandonan-fincas-presencia/1820202.html

A reportaxe da TVG sobre a situación foi a seguinte....

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-da-peroxa-deixan-de-traballar-as-leiras-polos-danos-do-xabaril-3609952

Como non podía ser doutro xeito, e sendo conscientes que xa fai anos é un dos problemas máis graves que ten o noso Concello, onde os agricultores e gandeiros sufren as consecuencias dunha superpoboación destes animais, compartimos as queixas da veciñanza e apoiamos ao concello nesta xusta demanda de solucións a este problema.

Agora ben, un problema, que non é novo, xa que esta mesma noticia se dá cada certos anos, dando publicidade ao problema, pero as solucións dos responsables seguen sen chegar.

Todos podedes, sin ir máis lonxe, lembrar unha reportaxe similar, alá polo ano 2013....

http://www.crtvg.es/informativos/os-xabarins-causan-destrozos-na-peroxa-661347

POLO TANTO.......CABE PREGUNTARSE......¿CALES FORON AS SOLUCIÓNS E AS MEDIDAS LEVADAS A CABO NESTES ANOS TANTO POLOS RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA COMO DO NOSO PROPIO CONCELLO?

Lembramos, que alá polo xa lexano 2013 o Partido Socialista presentou no Parlamento de Galicia unha batería de medidas sobre esta problemática, que como case sempre, o goberno do Partido Popular rexeitou........e así seguimos ¡¡¡

Para continuar desglosando o que foi a nota de prensa sobre a xuntanza coa conselleira por parte do alcalde do noso Concello, indicar que tamén è preocupante, e moi necesario, unha solución ao problema dos niños da Velutina, pola súa gravidade para a poboación.

Agardemos que as medidas solicitadas, e as cales, tamén compartimos, sexan por fin atendidas, xa que sobre este asunto, tamén o Partido Socialista na Deputación de Ourense presentou unha serie de medidas para actuar contra esta nova plaga......pero como sempre......as actuacións están paralizadas ¡¡¡

http://www.laregion.es/articulo/ourense/psoe-pedira-mas-implicacion-provincia-velutina/20180113082349761492.html

Finalmente, toca reflexionar tamén sobre a petición do noso Alcalde de rematar con minifundismo para poder dar cabida e solucións aos novos emprenderos no rural e desfacerse das trabas que atopan no acceso e explotación das fincas abandoadas.

O titular da prensa nesta problemàtica foi o seguinte...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/peroxa-pide-solucion-ao-excesivo-minifundismo/20180117095227762520.html

Nesta mesma noticia, tamén se refire a situación das nosas estradas, repletas de maleza na súa contorna co grave perigo en caso de incendios e sobre todo polo deterioro que ocasionan no seu piso, pero neste punto, lembrar que o Concello tan só se limita a poñer Bandos Informativos, para informar a poboación das leis e das obrigas, pero nunca ten actuado neste sentido, amosando unha completa falta de responsabilidade diante desta problemática.

A noticia tamén se recollía así noutro medio local....



Agardemos, polo tanto, que coa colaboración da Xunta, por fin¡¡¡¡ o noso Concello da Peroxa asuma as súas responsabilidades e se poña dunha vez por todas a traballar.

Anteriormente, a cada petición feita polo alcalde na reunión coa conselleira, expuxemos con claridade cales foran as medidas propostas polo noso partido, sen ter todavía resposta, nin moito menos, actuacións nese senso.......dando a calada por resposta e chegando a situacións lìmite ¡¡¡

Nestes últimos casos sobre o acceso e a limpeza das contornas das nosas estradas, poñeremos un exemplo de cada unha delas, no noso propio territorio, para que todos e todas poidades comprobar o nulo caso que tamén no concello da Peroxa, se fan as nosas propostas por parte dos responsables municipais, que en lugar de tomar e buscar solucións, prefiren sair nos medios de comunicación facendose a foto cos mandatarios da Xunta, mentras no seu propio concello ante os problemas indicados miran cara outro lado.....¡¡¡¡......TOMA NOTA.

EN CANTO O TEMA DE ACCESO A FINCAS PARA PODEREN SER TRABALLADAS LEMBRAMOS UNHA PETICIÓN FEITA RECENTEMENTE POLO NOSO GRUPO MUNICIPAL NUN PLENO A PRINCIPIOS DO PASADO ANO 2017 RECLAMANDO A TRAVÉS DO CORRESPONDENTE ROGO (NUMERO 6) A MELLORA DO ACCESO A UNHA ZONA DE FINCAS NO POBO DO CONCHOUSO.....




MESMO LLE FACILITAMOS COMO SEMPRE, TODOLOS DATOS NECESARIOS E IMAXES DO DETERIORO....




A RESPOSTA DADA NO SEU DÍA FOI......."IREMOS VER COMO ESTÁ" ¡¡¡

ATA O DÍA DE HOXE PARECE QUE NON TIVERON OCASIÓN DE PASAR POLA ZONA, XA QUE TODAVÍA NON HAI NIN RESPOSTA, NIN O QUE É PEOR.....SOLUCIÓNS ¡¡¡

TODO ISO A PESAR, DE COMO CADA ANO, TER RECIBIDO DIVERSAS SUBVENCIÓNS E AXUDAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PARA A MELLORA E ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS....



NO QUE SE REFIRE A LIMPEZA DE MALEZA A CARÓN DAS NOSAS ESTRADAS, TEMOS UN CASO QUE É BEN SIGNIFICATIVO, XA QUE TEMOS SOLICITADO A SÚA MELLORA EN NUMEROSAS OCASIÓNS, RECIBINDO POR PARTE DA ALCALDÍA TODO TIPO DE RESPOSTAS E DISCULPAS, PERO O CASO É QUE ESTÁ TODAVÍA SEN ACTUAR CONVINTEMENTE.

TRÁTASE DA ESTRADA ENTRE ANDELO E GULFARIZ ONDE O EXCESO DE ACACIAS FAI QUE INVADAN A ESTRADA E MESMO CAENDO SOBRE A MESMA DIFICULTANDO A CIRCULACIÓN POLA ZONA. 

TEMOS RECIBIDO, COMO DIXEMOS, RESPOSTAS DE TODO TIPO.....DENDE QUE SERÍA ATENDIDA DE INMEDIATO, PASANDO PORQUE ESTABAN A ESPERA DUNHA NOVA MÁQUINA DA DEPUTACIÓN.....ATA QUE NON ERA NECESARIO ACTUAR NESA ZONA ¡¡¡

CASUALMENTE, UNHA DAS PETICIÓNS FOI FEITO, AO IGUAL QUE NO CASO  DO CAMIÑO ANTERIOR NOS MESMO ROGOS, NESTE CASO NO NUMERO 1



UNHA VEZ MÁIS, AS NOSAS PETICIÓNS ESTÁN ARGUMENTADAS CON FOTOS REAIS, QUE NESTE CASO FOI XA NO ANO 2014, PERO BEN PODERÍA TER SIDO HOXE MESMO, XA QUE A SITUACIÓN POUCO MUDOU ¡¡¡



REMATAMOS, UNHA VEZ MÁIS, SOLICITANDO A TÚA REFLEXIÓN E ANALISE SOBRE O EXPOSTO NESTE ARTIGO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario