Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de enero de 2018

¿ Coñeces os datos ?

A reflexiòn de hoxe está relacionada cun curioso artigo que a prensa local publicou fai escasos días sobre os cartos públicos que se levan nesta provincia os mandatarios locais, e polo tanto tamén os datos que "afectan" ao noso concello.

Destaca neste artigo que temos "a honra" de ter no posto nº 12 ao Concello da Peroxa da clasificación dos que máis gasta nos nosos mandatarios dos 92 concellos da provincia ¡¡

Tendo que engadir a estes datos, que os 40.000€ corresponden aos soldos do Alcalde e do Concelleiro de Urbanismo.

En canto ao xa elevado soldo do Alcalde Manuel Seoane, indicar que se lle pagan case 29.000€ por unha adicación parcial, é decir, por tan só unhas horas de adicación diaria a súa función, tendo en conta que si a adicación fose completa e o soldo seguise a mesma proporción duplicaría esa cantidade situándose nos primeiros postos da provincia e tamén de toda Galicia.



Resulta tamén moi chamativo que a evolución deste soldo que o noso Alcalde se leva, foi incrementándose nos últimos anos nunha porcentaxe que para nada se asemella a de calquer traballador....

Sirvan como exemplo as dúas imaxes compartivas seguintes do que era o seu soldo municipal no ano 2007 e o que é actualmente, cos datos do orzamento do pasado ano 2017

UN INCREMENTO DE MÁIS DE 2.300€ ¡¡¡¡


SOLDO NO ANO 2007: 26.698€ ¡¡¡



SOLDO ACTUAL: 28.994€ ¡¡¡


TOMA NOTA SOBRE ESTES DATOS QUE SEGURO NON COÑECÍAS ¡¡¡¡¡


No artigo da prensa local do enlace seguinte referíase a provincia de Ourense, pero tamén se publicaron recentemente uns datos que se referían a toda Galicia e onde temos unha privilexiada posición ¡¡¡




NOS FACILITAMOS A INFORMACIÓN DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.......TEU É A ANALISE E REFLEXIÓN¡¡¡¡.......E SOBRE TODO AS CONCLUSIÓNS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario