Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 25 de agosto de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 26 e 27 de agosto de 2017

No mundo do deporte van comenzando xa algunhas competicións oficiais, como neste caso, a Copa Deputación, onde o equipo representativo do Concello disputará unha eliminatoria a partido único:

CORTEGADA C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 27 as 18:30 no campo de Cortegada.

Comenzan tamén os amigables dos equipos da liga de veteráns que este sábado xogarán no Campo do Marco un interesante triangular para preparar o xa inminente inicio da competición prevista para a vindeira fin de semana:



Tamén segue o calendario de probas para os atletas do PEROXA RUNNING que nesta fin de semana derradeira de agosto terán as seguintes opcións que marca o calendario:



No apartado lúdico festivo destacamos a celebración, un ano máis, este domingo 27 da FESTA DO EMIGRANTE no campo do Amparo de Carracedo para disfrutar dunha sesión gastronòmica para a cal é preciso anotarse.

Finalizamos, informando a celebración da Feira da Peroxa maña sábado.


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS DAS CALES TE INFORMAMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario